29 nov 2007
28 nov 2007
GRAZAS!!!!!
Os pulpis estamos moi agradecidos/as das vosas visitas e dos vosos comentarios (todos bós), e queremos darvos as grazas por ver as nosas aventuras, a través das novas tecnoloxías. Nunca esperaríamos tantas visitas en tan pouco tempo, asi que... estamos encantad@s (sobre todo eu), e esperamos que nos sigades vendo...
Publicadas por
Bea
a la/s
miércoles, noviembre 28, 2007
0
comentarios
O NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS PAÍSES DO MUNDO
Xa sabedes que o Libro Viaxeiro comenzou a súa andanza, e para que sufra o menos posible, viaxa dentro dunha maleta.
Os primeiros días comecei eu contando un pouco como ían as viaxes deste libro e as súas historias, pero dinme conta de que o mellor é que o vexades cos vosos propios ollos. así que, aquí vos vai a SÚA VIAXE (ata o momento):
Publicadas por
Bea
a la/s
miércoles, noviembre 28, 2007
0
comentarios
27 nov 2007
TEATRO
Temos un teatriño na aula con marionetas, e... ¡¡¡ ás veces facemos teatro!!! Non pensedes que traballamos grandes obras, non!!! de momento o que facemos é familiarizarnos coa estructura do teatro e coas marionetas, e hoxe ata nos puxemos de público para ver as "obras" que os compañeir@s facían (por parellas). O certo é que digo "obras" por dicir algo, pois de momento o contido era simplemente presentarse e dicir: HOOOLAAAAAA!!! e pouco máis, pero facíanos moita gracia sacar a cabeza polo medio das cortinas, e que os demais nos visen como verdader@s actores e actrices. Pouco a pouco avanzaremos e chegaremos a facer obriñas de verdade, ¡xa o veredes! de momento, mirade o que fixemos hoxe...
Publicadas por
Bea
a la/s
martes, noviembre 27, 2007
0
comentarios
Etiquetas: O TEATRO
23 nov 2007
O NOSO MAGOSTO
Hoxe celebramos o noso magosto, e "puxémono-las botas" porque estaban boísimas as castañas.
A castañeira oficial, e homenaxeada por todos nós, foi a profe Teresa (da clase do paiaso) e amosounos que se lle dan moi ben os fogóns. Antes de poñernos a comer nomeámola "Raíña das castañas" e fixémoslle entrega dunha banda e unha coroa. Na entrega de banda e coroa
Na súa tarefa de castañeira.
Logo... fomos a comer!!!!
Pero non pensedes que o magosto só o traballamos hoxe, diso nada!!! Tivemos que facer os nosos petiños para as castañas (cos bricks que nos enviáchedes), o libro das castañas (no que se recolle unha adiviña, unha cantiga, e algunhas curiosidades sobre as castañas), e ata unha viseira por si facía sol (que ó final foi máis ben para abriga-la cabeza, pois o sol non saiu).
E despois da festa , a maquillarse!!!! que vos parecemos? Preparad@s para baixar ó patio... quen se agocha debaixo dunha viseira azul?
Xa estamos no patio, a que podemos xogar?
Xogades con nós? Imos facer un xogo moi divertido!!!
Aquí estamos list@s para ensinarvos todo: maquillaxe, viseiras, libros da castaña, petiños...
E xa pasou o día do noso magosto!!! ata o ano ven non toca outro.
Por certo, hoxe estivemos a clase do paiaso facendo a viseira cos nosos compañeir@s da clase de Teresa, e pasámolo moi ben!!!
Publicadas por
Bea
a la/s
viernes, noviembre 23, 2007
2
comentarios
Etiquetas: outono
22 nov 2007
ENTRE TANTO TRABALLO... UN POUCO DE MARCHA Ó CORPO!!!
Para descansar un pouquiño de tanto traballo, nada mellor que "desconectar" movendo o esqueleto. Un pouquiño de música, a bailar, e sobre todo "A RIR" algo fundamental para os nosos músculos, e claro está, para a nosa vida!!!!
Publicadas por
Bea
a la/s
jueves, noviembre 22, 2007
0
comentarios
Etiquetas: somos nós
CONTAMOS ATA 100
Hoxe fixemos moitísmas cousas, foi un día deses "de moito axetreo", e entre tantas cousas contamos ata 100, e aprendimos algúns trucos para localizar facilmente os números no noso taboleiro. Para iso puxémoslle a cada fila un gomet, e así sabemos que os números que empezan por 4 están na fila do gomet da pelota, os do 1 están na fila do gomet do sol...
Publicadas por
Bea
a la/s
jueves, noviembre 22, 2007
0
comentarios
Etiquetas: LÓXICA-MATEMÁTICA, OS NÚMEROS
VIAXAMOS A MARROCOS
Mellor dito, Marrocos chegou a nós!!!! e na aula puidemos ver diversos materiais propios dese país. Seguiremos investigando, e para iso contamos tamén coa axuda de Jamal, pois él de alí. e ensinounos algunhas cousas: coma a súa forma de comer (no chan), algunhas cousas típicas coma o gorriño que poñen os homes, as súas roupas...
Publicadas por
Bea
a la/s
jueves, noviembre 22, 2007
0
comentarios
Etiquetas: proxectos
SEGUIMOS COS NÚMEROS DA NOSA VIDA
Hoxe recordamos as números da nosa vida, e para iso vimos cales eran as datas nos nosos cumpreanos e os números das nosas casas. Ademais recordamos máis números: o noso peso, a nosa altura, o número do noso pé... esto último o temos nunha ficha que aínda está medias, así que... mañá a veredes.
Publicadas por
Bea
a la/s
jueves, noviembre 22, 2007
0
comentarios
Etiquetas: proxectos
20 nov 2007
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
Entre outras cousas, hoxe 20 de novembro, é o Día Universal da Infancia, un bo momento para recordar cales son os dereitos dos nenos/as (e non olvidalos xamais). Deixovos un enlace no que coa axuda de Mafalda poderedes ver os puntos da Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo. Como ben sabemos non sempre existe un cumplimento tal destes dereitos, hoxe pode ser un bo día para que se comece a tentar unha melloría neste aspecto, aínda que... claro está, non depende só de tí nin de mín, senón de todos!!! Fagamos maxia e que se cumplan tódolos dereitos dos nenos/as do mundo, sin quedar nin un!!! Iso sería sinal de que algo neste mundo comeza a cambiar (para millor, claro).
http://www.cpdhcorrientes.com.ar/ninios.html
E tamén vos dixo unha páxina infantil destinada a traballar-los dereitos dos nenos/as con recursos lúdico-educativos (manualidades, contos, adiviñas, xogos...)
http://www.rayuela.org/sp/default.htm
Nós na clase tamén falamos do día que era hoxe, e claro, dos nosos dereitos como nenos e nenas do mundo, sen importar nacionalidade, cor , relixión... e plasmámolos nunha ficha. Na que... por diante pintamos a terra e algúns nenos e nenas coma representantes de toda a infancia, e por detrás escribimos algúns dos nosos dereitos (que descubrimos falando entre nós, e tamén coa axuda da páxina de recursos que hai no enlace anterior, na que vimos o conto do "Caracol Lentoso" e outras cousas que nos axudaron a saber cales son os nosos dereitos (e claro, tamén falamos dalgúns dos nosos deberes).
Estamos ben atentos ó que lle pasou ó "Caracol Lentoso"
Esforzámonos moitísimo por pintar moi ben o noso planeta e os nen@s
Estes son algúns dos dereitos que temos...
Publicadas por
Bea
a la/s
martes, noviembre 20, 2007
0
comentarios
Etiquetas: DEREITOS DA INFANCIA
19 nov 2007
SABEDES FALAR EN INGLÉS? NÓS SÍ!!!!
Pois sí que falamos en inglés, e ímos amosarvólo nun vídeo no que cantamos "a canción das cores". Se non nos entendedes moi ben, non vos preocupedes, é porque cantamos en inglés (e xa sabedes o difícil que é).
Publicadas por
Bea
a la/s
lunes, noviembre 19, 2007
0
comentarios
Etiquetas: INGLÉS
17 nov 2007
DE QUEN SON ESTES OLLOS?
Publicadas por
Bea
a la/s
sábado, noviembre 17, 2007
2
comentarios
Etiquetas: somos nós
AQUÍ ESTAMOS!!!

Baixar ó patio ou subir, en fila e sen correr soe ser unha "misión imposible", pero si se trata de saír tod@s na foto, mirade o ben que nos coordinamos!!!
Estabamos a facer unha excursión polos corredores, polo noso (de 5 anos)e polo de 4 anos. Tiñamos que facer unha ficha sobre os froitos típicos de outono, entón vimos a nosa exposición de froitos, e fomos tamén a ver o mural de froitos dos nen@s de 4 anos, porque aínda que un día probamos as granadas no cole, xa non nos acórdabamos de cómo eran por dentro, e no seu mural as tiñan moi ben representadas.
Ademais, unha vez alí, aproveitamos para ver a mascota que teñen no corredor "un hámster", soamente o puidemos ver un pouquiño pois gústalle moito estar escondido na súa casiña.
Publicadas por
Bea
a la/s
sábado, noviembre 17, 2007
0
comentarios
Etiquetas: outono
RECORDAMOS OS NOSOS CUMPRES...
Publicadas por
Bea
a la/s
sábado, noviembre 17, 2007
4
comentarios
Etiquetas: cumpreanos
16 nov 2007
¿POMBIÑAS DE MILLO?
Hoxe merendamos moitísimo no cole... porque coma estes días estivemos vendo cousas típicas do outono: os animais no bosque nestas datas, as festas, os froitos... e entre os productos que temos na exposición do noso corredor está o millo, pois ás nosas mascotas ocorréuselles que hoxe a aparecería na caixa máxica millo e unhas bolsiñas de pombiñas para que as fixeramos no cole, e así foi.
Polo que, ademais das nosas merendas, tamén degustamos unhas deliciosas pombiñas de millo (penso que seguirá ulindo a elas o colexio toda a fin de semán)porque deixaron un cheiro...
Observando o millo e as bolsiñas...
Esperando a que se fagan... contamos os estoupidos!!
E listas para comer!!!
Preparad@s, list@s, xa!!!! acomer!!!!
E claro está, tamén escribimo-la receita para non olvidarnos (foi moi fácil, pero de paso xa aproveitamos e escribimos un rato)
Publicadas por
Bea
a la/s
viernes, noviembre 16, 2007
2
comentarios
Etiquetas: outono
15 nov 2007
A TEA DE ARAÑA DE FALAR SEN PARAR...
Estabamos na asamblea tranquilamente, e cando tocaba mirar se había algo na caixa Máxica, alí apareceu un ovillo de lá. ¿Para que sería? Tiñamos un certo problema para acatar as normas da asamblea á hora de falar, de escoitar ós demais e de respeta-las quendas de palabra... e a lá, fixo que xa saibamos escoitar, esperar a nosa quenda e falar (despois de pensar!!!!, pois ás veces falabamos sen ter en conta o que estaban a dicir os compañeiros/as e metíamonos na conversación sen ter moito senso).
Agora nas asambleas xogamos a facer teas de araña que se van tecendo de distintas formas segundo os nenos/as van pedindo a súa quenda para falar. É moi divertido ¿Probáchedelo algunha vez?


Publicadas por
Bea
a la/s
jueves, noviembre 15, 2007
0
comentarios
Etiquetas: as nosas tarefas
¿QUE COUSA COUSIÑA SERÁ QUE NON PESA NADA PERO PODE VOAR?



Na Caixa máxica pode aparecer calquera cousa, é bo é que todas esas cousas nos fan pensar. Parecía que non había nada, pois antes de abrila o encargado/a sempre a colle e a move para ver se realmente haberá algo ou non, e si hai... se pasa moito ou pouco, e nós decidimos que cousa podera haber dentro segundo as características de son, peso... que nos conta o encargado/a.
Neste caso, ninguén acertou, porque na caixa aparentemente non había nada ,pois non pesaba nadiña (ou eso críamos nun principio).
A caixa estaba cargadiña, sí cargadiña, pero de plumas... e claro, pesan tan pouquiño que pensabamos que non había nada.
Ó final... xa vimos que non sempre son as cousas son como cremos, e hai que seguir INVESTIGANDO!!!
Publicadas por
Bea
a la/s
jueves, noviembre 15, 2007
0
comentarios
Etiquetas: proxectos
14 nov 2007
CADA VEZ SOMOS MÁIS!!!
Cando empezou o curso éramos moi pouquiños e na primeira semana xa se incorporaron novos compañeiros/as, hai ben pouco tamén chegou Iago (que viña de Lugo) e hoxe veu Catarina dende Portugal.
BENVIDA!!!
Esta visto que a clase dos Pulpis seguirá tendo unha unión especial coa diversidade cultural e cos diferentes países do mundo, pois estará no día a día ter que ubicarnos a nós, e ó lugar de procedencia dos nosos "compis".
Seguimos esperando tamén se veñen Tiago (Portugal) e Yalissa (Cabo Verde)que foron xa compañeiros/as dalgúns Pulpis (dos que o ano pasado estaban na clase de Ana).
Cando rematemos o curso ó mellor lle tendes que preguntar ós nenos/as en donde quedan os países, porque seguro que xa terán unha gran facilidade para atopalos nos mapas.
Xa sabemos onde estamos ubicados os países de Europa das nosas nacionalidades, pronto situaremos as dos outros continentes.
Publicadas por
Bea
a la/s
miércoles, noviembre 14, 2007
0
comentarios
Etiquetas: somos nós
12 nov 2007
O LIBRO DOS INDIOS
Co noso interese por coñecer outros países, e outras culturas, convertémonos en indios: falamos como eles, facemos as asambleas como eles, coñecemos algúns xefes indios e os seus nomes (que raros son!!)...e mesmo nos puxemos nomes indios:
ALEX: Manos pequeñas
CARLA F: Flequillo moreno
GUSTAVO: Pies negros
CARLA G: Coleta roja
IAGO: Zapatos marrones
CLAUDIA: Trenza naranja
RUBÉN: Cazador de águilas
LUCÍA: Diadema blanca
ENZO: Zapatos verdes
SARA: Coleta naranja
PABLO: Pies blancos
CHENOA: Coleta larga
JAMAL: zapatos rojos
JOSE: Indio cazador
Agora estamos de cheo a escribir O NOSO LIBRO DOS INDIOS, que remataremos nesta semana, e no que imos plasmando as cousas que imos aprendendo sobre eles, e tamén facemos algunhas cousas como eles como decorar un "atrapasonos" con plumas de verdade (son de gaivota e non de águias como as que utilizan os indios, pero a nós valennos así, pois non creo que sexamos capaces de cazar unha aguia, entre outras cousas porque non temos útiles que facían os indios para iso: lanzas, arcos...).
Algunhas das páxinas deste libro poderedes velas aquí:





Publicadas por
Bea
a la/s
lunes, noviembre 12, 2007
3
comentarios
Etiquetas: proxectos
10 nov 2007
SOMOS NÓS... sabedes os nosos nomes?
Publicadas por
Bea
a la/s
sábado, noviembre 10, 2007
1 comentarios
Etiquetas: somos nós


















