20 nov 2007

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Entre outras cousas, hoxe 20 de novembro, é o Día Universal da Infancia, un bo momento para recordar cales son os dereitos dos nenos/as (e non olvidalos xamais). Deixovos un enlace no que coa axuda de Mafalda poderedes ver os puntos da Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo. Como ben sabemos non sempre existe un cumplimento tal destes dereitos, hoxe pode ser un bo día para que se comece a tentar unha melloría neste aspecto, aínda que... claro está, non depende só de tí nin de mín, senón de todos!!! Fagamos maxia e que se cumplan tódolos dereitos dos nenos/as do mundo, sin quedar nin un!!! Iso sería sinal de que algo neste mundo comeza a cambiar (para millor, claro).

http://www.cpdhcorrientes.com.ar/ninios.html

E tamén vos dixo unha páxina infantil destinada a traballar-los dereitos dos nenos/as con recursos lúdico-educativos (manualidades, contos, adiviñas, xogos...)

http://www.rayuela.org/sp/default.htm

Nós na clase tamén falamos do día que era hoxe, e claro, dos nosos dereitos como nenos e nenas do mundo, sen importar nacionalidade, cor , relixión... e plasmámolos nunha ficha. Na que... por diante pintamos a terra e algúns nenos e nenas coma representantes de toda a infancia, e por detrás escribimos algúns dos nosos dereitos (que descubrimos falando entre nós, e tamén coa axuda da páxina de recursos que hai no enlace anterior, na que vimos o conto do "Caracol Lentoso" e outras cousas que nos axudaron a saber cales son os nosos dereitos (e claro, tamén falamos dalgúns dos nosos deberes).

Estamos ben atentos ó que lle pasou ó "Caracol Lentoso"

Esforzámonos moitísimo por pintar moi ben o noso planeta e os nen@s
Estes son algúns dos dereitos que temos...

No hay comentarios: