Mostrando entradas con la etiqueta A PREHISTORIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A PREHISTORIA. Mostrar todas las entradas

28 may 2008

CANTAS COUSAS DA PREHISTORIA SABEMOS!!

Hoxe rematamos a nosa investigación cavernícola, e xunto cos nosos compis de investigación "a clase dos ratos" e a "dos globos" fixemos un xogo de pistas entre todos.
O primeiro que fixemos foi facer tres grupos, azul, vermello e amarelo... e logo misturámonos todas as clases por cores, de xeito que cada equipo ís con unha ou outra profe.
Pasamos diferentes probas: cruzamos a cova da clase dos globos (cun túnel xigante), cantamos a canción do "Mamut chiquitito" que as profes inventamos, fixemos murais cavernícolas cooperativos, cazamos un mamut (con pelotas, claro) e... atopamos fósiles!!!!!
Logo entre todos recordamos cantas cousas sabemos da prehistoria, e... sabes o mellor de todo? que o pasamos XENIAL!!

25 may 2008

CONTOS COOPERATIVOS

Estamos rematando os Contos Tic que nos envían os nosos compañeir@s andaluces por correo electrónico, e que logo montamos en Power Point. E tamén lles estamos enviar os nosos inicios de contos para que eles rematen os que nos comezamos, mais aproveitando a posibilidade de que eses inicios de contos podan ser rematados por outros compañeir@s, pasámosllos tamén a outras clases do cole. Así, na clase do paiaso, están rematando 3 dos nosos contos, e a clase dos globos (de 4 anos) remataron un que comzou Iago sobre un cazador prehistórico, e dado que eles tamén pescudaron con nós sobre o tema... fixeron o seu final de conto cooperativo.

20 may 2008

OS CAVERNÍCOLAS DESCUBREN O LUME

Hoxe lemos un conto recordatorio do noso proxecto dos cavernícolas, ó que lle tivemos que poñer título, e tamén facer os debuxos colaborativamente, o resultado foi boísimo!! Mirade.

18 may 2008

CONTO DA PREHISTORIA E PANEL DE DATOS

Na Caixa Máxica apereceu un conto da Prehistoria, que mentres eu lin, escoitaron moi atentos, para lembrar todo canto aprendimos neste proxecto que estamos a rematar.
Despois con todos os coñecementos lembrados, fotos dalgún traballo feito no proxecto, fotocopias de debuxos do contos... e con textos escritos por nós, e outros feitos a ordenador, estamos facendo un panel avalitivo de coñecementos, para ter na clase, coma temos o dos dinosauros.

16 may 2008

O NOSO COLAR PREHISTÓRICO

Hoxe fixemos un colar prehistórico con roliños de cartón e bólas de plastelina. Xa sabemos que na prehistoria non había plastelina, pero simulamos que eran pedras porque furar pedras ía ser misión imposible, non credes?

8 may 2008

XA TEMOS NOME DA NOSA TRIBU CAVERNÍCOLA

Non estábamos moi ocurrentes, e somos "A tribu dos Pulpis cavernícolas", tamén bautizamos ó noso mamut da clase como "Pulpi" (moi orixinal tamén, jeje), e cada un xa levou o seu colgante da tribu para a casa.
Mirade que bonitos nos quedaron!!

7 may 2008

PINTURAS RUPESTRES CON XICES DE CORES

Hoxe fixemos "pinturas rupestres" no corredor. Primeiro tentamos facelas con carbóns (cinzas do magosto) pero non nos pintaban nada, así que, ó final decantámonos por facelos con xices de cores.

6 may 2008

CAZADORES PREHISTÓRICOS

Hoxe aproveitamos a facer unha actividade plástica para o noso dossier da Prehistoria. O que fixemos foi repasar con ceras brandas as siluetas duns cazadores, e posteriormente pintamos todo por riba cunha augada de diferentes cores (auga e acuarela).
Aquí están os resultados:

5 may 2008

COLGANTES CAVERNÍCOLAS

Hoxe convidamos á clase dos Globos outra vez a vir a traballar á nosa aula, posto que eles tamén están pescudando ós cavernícolas, e fixemos un obradoiro de barro, no que cada un elaborou o seu propio colgante cavernícola.
Non pensedes que os cavernícolas levaban colgantes coma os que temos agora, non!!, no paleolítico o material que máis abundaba era a pedra, e tamén tiñan barro pois che chovía moito enfangábase a terra e convertíase en barro. Así que, nós quixemos probar a ver como farían eles un colgante, e así, teremos "unha sinal de tribu cavernícola".
Os colgantes decorámolos, ademais de con pedriñas pequenas, con cunchas, caracolas de mar... e por riba houbo quen lle botou "brillantina prateada" (a area da praia que quedaba entre as cunchas).
Tamén van a formar parte desta tribu os nen@s da clase dos "ratos" que tamén están a pescudar con nós, aínda que como son máis pequeniños (3 anos) por non andar subindo e baixando escaleiras farano nesta semana na súa clase.
Cando sequen as nosas obras, ensinarémosvos o guap@s que estamos!!!

29 abr 2008

ARTE, PREHISTORIA... o noso grande proxecto!!!

Hoxe viñeron á nosa clase os nenos e nenas da clase dos globos, porque eles coma nós están pescudando a prehistoria. Xuntos, no encerado dixital, recordamos moitas cousas das que levamos aprendido ata o momento (a través dun xogo que fixo Ana, a profe da clase dos globos) e vendo xuntos algúns dos materiais que temos respecto ó tema (armas verdadeiramente prehistóricas, unha auténtica dentadura de tigre dentes de sable, un anaco de cova rochosa con decoración rupestres... e tamén fixemos algún xogos interactivos sobre o tema.

26 mar 2008

ARTE PREHISTÓRICA

Hoxe fixemos un obradoiro de arte prehistórica, representando escenas de caza de animais, en cartóns (para reciclar e facer cadros) e pedras.

15 mar 2008

VOLTAMOS A XOGAR COA ARTE

Outra vez, quixemos achegarnos un pouquiño máis ó mundo da arte, e tamén ó mundo da Prehistoria.
Na Caixa Máxica apareceron un montón de materiais que nos recordaban todo o aprendido ata o momento. Había imaxes de diferentes covas, nas que vivían os cavernícolas, e tamén imaxes da decoración das mesmas (que eran pinturas rupestres, ou ben de animais ou de escenas de cacería), e como non, imaxes dun grande inimigo dos cavernícolas: o tigre dentes de sable.
Con elas recordamos datos, situamos o conto co que iniciamos o proxecto nunha cova concreta, sabendo realmente como son, e vimos exemplos de decoracións nas covas, que logo precisaríamos para decorar a nosa.
Mais na Caixa Máxica había tamén unhas caixiñas cheas de cuadros miniaturas de pintores famosos e que se repetían duas veces.
Con elas vimos que diferente era a primeira pintura realizada nas covas, respeito a pintura moderna, pero é que os cavernícolas non tiñan nin pinturas coma as de agora, entón... tiña que ser ben diferente!!! E tampouco tiñan tendas para ir a mercar un lenzo, nin un cabalete...
Con estas tarxetas traballamos tamén sobre os distintos tipos de cadros que nós, coma os pintor@s famos@s, poderíamos facer: retratos, paisaxes, bodegóns... e todo a modo de xogo.
Primeiro repartimos tódalas tarxetas dos cadros polas mesas, e tiñan que ir buscando parellas de cadros. Logo, fomos á asamblea e tentamos adiviñar cales serían retratos, cales paisaxes, e ata imaxinamos que poderían representar algúns máis abstractos.

Máis tarde tentaríamos facer arte prehistórica, pintando con sanguinas un bisontes...
E tamén deixamos a nosa sinatura na cova, estampando as mans, xa que na prehistoria non escribían para face-la sinatura, aínda non aprenderan .
Pero...isto non foi o único, tamén vimos cales eran as armas prehistóricas que utilizaban para cazar, que claro está, estaban feitas con pedras e madeira:

E reflictimos todo o aprendido nas fichas do noso dossier da prehistoria.

28 feb 2008

VISITA NA NOSA COVA: UN MAMUT

Sabemos que na prehistoria había moitos mamuts, e que os cavernícolas os cazaban, e a nós viñeronnos a visitar dous mamuts, que tivemos que montar a xeito de puzle.
Agora, un deles decora a entrada á nosa cova, e co outro tamén faremos algo, xa o veredes!!
BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

1 feb 2008

SOMOS OS PICAPEDRA

29 ene 2008

VOLVEMOS Á PREHISTORIA

Pois sí, un conto levounos ata a prehistoria, e como queremos saber máis cousas desa época (sobre todo da Idade de Pedra) e queremos comprobar de verdade como vivían, onde, que cazaban, como decoraban as covas... comezamos coa construcción da nosa propia cova, que é a nosa clase.
Logo teremos que pensar as palabras máxicas para poder entrar nela, e decoraremos as paredes da clase, tentaremos reconstruir ferramentas da súa época... pero de momento, mirade o que traballamos.

17 ene 2008

NOVO PROXECTO

Ímonos embarcar nun novo proxecto que tratará sobre a prehistoria. Comezaremos tentando aprender cousas sobre esa época: como e onde vivían, como vestían, como se alimentaban... e finalizaremos traballando a fondo o mundo da arte rupestre, e da paleontoloxía.
Non vos podedes perder as nosas aventuras!!!!
E xa sabedes que nos podedes axudar mandando materiais sobre o tema a través dos nenos e nenas, ou tamén mandándonos cosas por internet ó noso correo de clase:
clasedebea@hotmail.com