Hoxe fixemos os nosos retratos, e para iso... pintámonos mirándonos ó espello, para que non se nos olvidara de poñer nada, e non ter confusións da cor que temos os ollos, se temos dúas orellas ou ninguna (pois moitas veces ós nenos/as que debuxamos non lles poñemos orellas por despiste...) se temos cellas e pestanas... se temos ou non pecas, se levamos ou non pendentes, se somos loiros ou morenos... Con todos os retratos estamos facendo unha exposición no corredor, pois nos encanta que vexan as nosas obras, así que, ós que andades polo cole, invitámosvos a vela.
Así foi o proceso:
22 may 2008
OS NOSOS RETRATOS
Publicado por
Bea
en
jueves, mayo 22, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ARTE, proxectos, SOMOS ARTISTAS, somos nós
12 abr 2008
QUEN É CADA QUEN?
Decatadesvos dunhas fotos nas que había que adiviñar de quen eran os ollos de cada quen? pois agora aumentamos as fotos con bocas, cabelos... a ver quen adiviña quen é cada quen antes de que apareza o nome debaixo.
HAI QUE DICI-LO NOME MOI RAPIDO
Publicado por
Bea
en
sábado, abril 12, 2008
0
comentarios
Etiquetas: somos nós
22 nov 2007
ENTRE TANTO TRABALLO... UN POUCO DE MARCHA Ó CORPO!!!
Para descansar un pouquiño de tanto traballo, nada mellor que "desconectar" movendo o esqueleto. Un pouquiño de música, a bailar, e sobre todo "A RIR" algo fundamental para os nosos músculos, e claro está, para a nosa vida!!!!
Publicado por
Bea
en
jueves, noviembre 22, 2007
0
comentarios
Etiquetas: somos nós
17 nov 2007
DE QUEN SON ESTES OLLOS?
Publicado por
Bea
en
sábado, noviembre 17, 2007
2
comentarios
Etiquetas: somos nós
14 nov 2007
CADA VEZ SOMOS MÁIS!!!
Cando empezou o curso éramos moi pouquiños e na primeira semana xa se incorporaron novos compañeiros/as, hai ben pouco tamén chegou Iago (que viña de Lugo) e hoxe veu Catarina dende Portugal.
BENVIDA!!!
Esta visto que a clase dos Pulpis seguirá tendo unha unión especial coa diversidade cultural e cos diferentes países do mundo, pois estará no día a día ter que ubicarnos a nós, e ó lugar de procedencia dos nosos "compis".
Seguimos esperando tamén se veñen Tiago (Portugal) e Yalissa (Cabo Verde)que foron xa compañeiros/as dalgúns Pulpis (dos que o ano pasado estaban na clase de Ana).
Cando rematemos o curso ó mellor lle tendes que preguntar ós nenos/as en donde quedan os países, porque seguro que xa terán unha gran facilidade para atopalos nos mapas.
Xa sabemos onde estamos ubicados os países de Europa das nosas nacionalidades, pronto situaremos as dos outros continentes.
Publicado por
Bea
en
miércoles, noviembre 14, 2007
0
comentarios
Etiquetas: somos nós
10 nov 2007
SOMOS NÓS... sabedes os nosos nomes?
Publicado por
Bea
en
sábado, noviembre 10, 2007
1 comentarios
Etiquetas: somos nós
24 oct 2007
¡¡PRESENTACIÓN OFICIAL!!
Ola a todos e todas, somos "Os Pulpis", os nenos e nenas da clase de Educación Infantil 5G do CEIP. Ponte dos Brozos de Arteixo, e este será o lugar onde poderedes atopar información sobre as nosas aventuras no colexio.
Aquí poderedes ver como traballamos, xogamos, investigamos...e sobre todo como "APRENDEMOS A APRENDER". Sí, aprender, iso que parece tan sinxelo, é moi difícil, e temos que descubrir cales son as cousas que precisamos para poder conseguilo.
Publicado por
Bea
en
miércoles, octubre 24, 2007
2
comentarios
Etiquetas: somos nós













