Mostrando entradas con la etiqueta XANEIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XANEIRO. Mostrar todas las entradas

1 feb 2008

SOMOS OS PICAPEDRA

31 ene 2008

COMO CREAMOS CONTOS?

Xa utilizamos diversas técnicas para crear e contar contos. Ás veces, facémolo entre todos, outras en equipos, ás veces utilizamos o patiño Lenguatín para falar por turnos... e cada quen vai aumentando a historia que un dos nen@s comeza (tentando cambiar os inicios, as personaxes... en cada conto).
Hoxe non nos deu tempo de inventa-lo conto, mais si fixemos algo que nos dará pé a que mañá (antes da festa de Entroido) o podamos facer.
Temos un telescopio no recanto da biblioteca, mais non é un telescopio calquera, este é máxico!!!! con él debemos imaxinar que cousa nos gustaría ver (é coma un telescopio dos desexos).
pois tódol@s Pulpis miraron nel e dixeron que cousa viran coa súa imaxinación (osos de peluche, un tren, un arco da vella, un sol...) e mañá con esas palabras que eles dixeron e eu escribín terán que inventar un conto... ¿serán capaces? eu aposto que sí!!! de momento, mirade con que entusiasmo miraban polo "telescopio máxico".

29 ene 2008

VOLVEMOS Á PREHISTORIA

Pois sí, un conto levounos ata a prehistoria, e como queremos saber máis cousas desa época (sobre todo da Idade de Pedra) e queremos comprobar de verdade como vivían, onde, que cazaban, como decoraban as covas... comezamos coa construcción da nosa propia cova, que é a nosa clase.
Logo teremos que pensar as palabras máxicas para poder entrar nela, e decoraremos as paredes da clase, tentaremos reconstruir ferramentas da súa época... pero de momento, mirade o que traballamos.

28 ene 2008

ADIVIÑA QUE ADIVIÑA...

25 ene 2008

AS CONSIGNAS DE DON PULPÍN

DON PULPÍN vestiuse tamén de troglodita, mellor dito de Pedro Picapedra, e deunos unhas consignas para celebrar o Entroido na próxima semana.
Cada día teremos que superar unha proba:

LUNS: Traer posta "unha pajarita" feita con papel de xornal, e decorada polos nen@s.


MARTES: Traer un calcetín de cada cor (e que se vexa).


MÉRCORES: Traer un sombreiro e unha flor.


XOVES: Traer a cara pintada.


VENRES: Traer doces típicos do Entroido e bebida para facer unha festa no cole.

24 ene 2008

ACHEGASE O ENTROIDO

E nós aproveitamos para decorar un pouquiño o corredor, que xa tiñamos cheo de pombas para conmemorar o Día da Paz, que será o próximo día 30.


23 ene 2008

PARQUE XURÁSICO

Xa sabemos moitas cousas dos dinosaurios, e quixemos recrear un parque xurásico para o cal modelamos algunhas das especies que traballamos, e as colocamos formando un parque propiamente do período xurásico.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

22 ene 2008

O NOSO NOVO RECANTO DA BIBLIOTECA

Xa estamos de cheo co noso Proxecto de animación á lectura "CONTAMOS CON CONTOS". Este é o título que ten debido a que serán tamén os nen@s os que conten os contos, non só a mín, senón tamén a outros compañeir@s doutros colexios, e doutras aulas. Para iso, como dixera xa noutra ocasion, enviaremoslles por correo postal os contos, e os nen@s dos outros coles mandaranos os seus a nós.
Pouco a pouco veredes algunhas das creacións...

SABEMOS CANTO MIDEN E PESAN ALGÚNS DINOSAURIOS... e ti?

Hoxe na Caixa Máxica apareceron unhas tarxetas sobre características dos dinosaurios, e coas que xogamos a emparellalas (pois había unhas verdes e outras azuis, emparelladas entre sí). Cada un saía ó medio da asamblea e falaba de como era o seu dinosario, e os demais tentábamos adiviñar se era o mesmo que o noso, e polo tanto estarían emparellados.
Tamén vimos unhas novas fichas plastificadas semellantes ás que xa tiñamos no encerado, coas que xogamos a descubrir o nome dos dinosaurios e recordar algunha das características que vimos sobre os mesmos.
E finalmente tivemos que plasmar os nosos coñecementos nunha ficha tamaño A3 (case non cabíamos na mesa).

17 ene 2008

ESTE INVERNO TAMÉN CHOVE!!!

Parecía que non ía chover moito, pero todos vemos como chove estos días, o frío que vai... e tamén tódolos nen@s sentiron a tormenta nestas noites. E nós para poñer remedio ó frío, dicimos que...
EN XANEIRO, BUFANDA , ABRIGO E SOMBREIRO. (E non estaría demais apuntar tamén o paraugas).
Queredes ver que fixemos?

14 ene 2008

DINOSAUROS DE 12 METROS... ¿CANTO É ISO?

Hoxe tivemos a axuda de Muna (a nosa mascota) para seguir aprendendo cousas dos dinosauros, xa que nos deixou na Caixa Máxica unhas fichas de dinosauros coas súas fotos e unhas breves descripcións. Falamos dos que eran hervíboros e carnívoros, dos que tiñan pinchos ou placas, miramos cales tiñan a cola máis curta ou máis longa... e os nomes, como son tan difíciles, pois so nos quedamos có do diplodocus, o velociraptor e o tiranosauro rex (porque algúns xa os coñecían).
E Claudia tamén nos trouxo unhas cousas sacadas de internet sobre os dinosauros, eu lin o que poñía... e resultou falar dun dinosaurio que media 12 metros de lonxitude, o que aproveitamos para facer matemáticas "pensando".
Quixemos ver canto serían 12 metros, e entre todos puxéronse a pensar que precisábamos para poder calcula-lo. Pronto saíu que necesitabamos un metro, que non tíñamos, pero sí unha regra grande (a do encerado). E que máis poderíamos utilizar para medir? (dixeron o teito, a parede, a chan...e tamén un fío, ou a nosa tea de araña, feita con la). Isto foi o que utilizamos a regra, e lá.
Podedes ver na presentación de imaxes como resultou todo o proceso, e o grande que sería un dinosaurio de 12 metros...
Despois contamos cantos pasos dabamos nos 12 metros, por parellas, e comparamos ¿quen deu máis pasos? ¿quen deu menos? e chegamos a conclusión de que non era unha competición, senón que dependía do longo das nosas pernas.
Todos fixeron entre 16 e 23 pasos.
Eu fixen 10.
E un dinosauro? seguramente só 3 ou 4 pasos. Todo dependendo do tamaño das nosas pernas, ou das súas patas.

12 ene 2008

SEGUIMOS CO PROXECTO DOS DINOSAURIOS

E... sabedes que? No cole, todos os nen@s de Educación Infantil imos ir disfrazados dos PICAPEDRA, e sabedes cal era a súa mascota? Pois Dino, un dinosaurio. Así que, teremos que pescudar por que tiñan un dinosaurio, se agora non os hai... cando viviron os Picapedra????

10 ene 2008

CONTAMOS CONTOS

No cole contáronse moitos contos no que vai de curso, e nunca volos ensinamos, así que aproveito tamén a ocasión para ensinarvos un contiño: o de ELMER, un elefante de cores.
Logo veredes tamén a actividade de plástica que fixemos pintando un elefante con ceras de cores molladas en auga e azucre, e que posteriormente lles botamos laca (do cabelo) para fixar a tiza.

9 ene 2008

ALBUM DE CROMOS

Non foi exactamente un album de cromos o que fixemos, aínda que sí foi o que eu lles dixen ós Pulpis para motivalos.
Comezamos a mañá na asamblea, onde xogamos a ler descubrindo que palabra tiñamos que buscar dentro dun barullo de tarxetas. A cada nen@ lle din unha ficha cun debuxo, e logo cada un tiña que buscar a palabra correspondente ó seu debuxo.
Unha vez que cada un atopou a súa tarxeta correspondente, fomos tod@s á fotocopiadora e construimos unha ficha con tódalas tarxetas para que cada nen@ volvese a ler o que os compañeir@s emparellaron. Esta ficha era para que relacionaran os debuxos coas palabras, e fixeronna bastante ben (e era en minúsculas).
Logo fixemos o noso album de cromos, pois nunha ficha en branco cun recadros, tiveron que facer os debuxos das tarxetas e escribir o nome de cada debuxo en maiúsculas e minúsculas, dentro de cada recadro. Logo de escribir cada un o da súa tarxeta, tratábase de intercambiar con otros compañeir@s as tarxetas (para facer noutro recadro) ata que se tivese completo o album. Non todos o remataron, pero podedes ver algún exemplo no slide.


CAMBIO DE ANO... CAMBIO DE CALENDARIO

Aínda que cada mes cambiamos o calendario, non soemos cambiar o ano, o que sí tivemos que facer onte ó chegar ó cole.
As encargadas das rutinas foron as que tiveron que desfacer o vello calendario e convertilo nun novo.