Estamos traballando os animais, e como tiñamos un montón de dúbidas sobre algúns animais, e sobre como debuxalos (pois estamos a facer un libro de adiviñas de animais nas que temos que debuxar as respostas) recurrimos a ver fotografías en internet.
Picando aquí podedes ver algunhas que xuntei nun album en flickr, e entre todos (os pulpis), iremos engandindolle unha breve descrición a cada unha das imaxes de animais que temos creado.
Do mesmo xeito, fixemos para ver as distintas especies de plantas e flores que hai, e que aquí poderedes observar. De momento non teñen os nomes escritos a pé de foto, pero nestes días, os pulpis comprometeranse a escribilos, un a un.
ANEXO:
Se líchedes os comentarios puidestes ver que Jose Carlos, o profe da clase da rá, nos enviou un montón de imaxes que tiña gardadas en picassa, así que vouvos deixar aquí os enlaces para que as podades ver:
mamíferos
aves
animais mariños
reptís
dinosauros
anfibios
flores
24 abr 2008
ESTUDANDO OS ANIMAIS E AS PLANTAS
Publicado por
Bea
en
jueves, abril 24, 2008
2
comentarios
Etiquetas: ANIMAIS, XARDINEIRÍA
15 abr 2008
LIMPEZA DO INVERNADOIRO
Hoxe a primeira hora, antes de que comezara a pega-lo sol, fomos ó invernadoiro do colexio, e limpamos as herbas que tiña nos seus alrededores. Ademais recuperamos algúns xoguetes dos nen@s de 4 anos, posto que o invernadoiro está no seu patio, e había agochados entre as herbas un montón de pás, caldeiros... Claro está, para facer esta limpeza armámonos con luvas!!!
Tamén aproveitamos para xuntar nunha caixa tódolos caracois que atopamos, e había un montón (grandes, medianos, pequenos...) alomenos dúas grandes familias de caracois, e despois levámosllas a profe Maite, pois na súa clase (4 anos) estanos pescudando.
Publicado por
Bea
en
martes, abril 15, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ANIMAIS, XARDINEIRÍA
7 abr 2008
MÁIS PLANTAS E FLORES
Publicado por
Bea
en
lunes, abril 07, 2008
0
comentarios
Etiquetas: PRIMAVERA, proxectos, XARDINEIRÍA
4 abr 2008
PRIMEIROS BROTES... xa se empexan a ver as flores
Hoxe notamos un cambio no invernadoiro pois en dous vasiños dos que semetamos flores xa se empezan a ver algunhas. Como podedes ver na tarxeta o nome desas flores é "Bella de día".
Esperamos que o luns, cando cheguemos ó cole, e despois de pasar a fina de semana co sol que vai estos días, a ver se hai máis sorpresas!!!
Publicado por
Bea
en
viernes, abril 04, 2008
0
comentarios
Etiquetas: PRIMAVERA, proxectos, XARDINEIRÍA
3 abr 2008
ALGUNHAS DAS FICHAS QUE ESTAMOS A FACER SOBRE AS PRANTAS
CAL É O PROCESO QUE SEGUE UNHA SEMENTE? Mirade neste video que atopamos na rede: Ordeamos a secuencia do proceso de colocación das flores nun floreiro
Ordeamos o proceso de crecemento dunha semente
Coñecemos as partes das árbores e plasmámolas na ficha
Coñecemos as partes dunha flor e plasmámolas nunha ficha
Vimos que tipos de insectos son propios desta época rondado á redor das flores
A as árbores cos seus froitos...
Publicado por
Bea
en
jueves, abril 03, 2008
0
comentarios
Etiquetas: PRIMAVERA, proxectos, XARDINEIRÍA
AS NOSAS PLANTACIÓNS...
Nas fotos podedes ver a sementeira que fixemos, nunha parte do invernadoiro (coas tarxetas amarelas) veredes plantas aromáticas, e noutra parte (con tarxetas laranxas) veredes flores. Logo temos tamén tres macetas con plantas que comezamos a coidar a principio de curso, e xa van grandes, menos unha pequeniña que era un filliño case morto dunha planta, e que tras moito tempo cuidandoo e dando xa por perdido (pois non parecía mellorar) ó final, está brotando. E que os nos coidados ó final dan os seus froitos.
Publicado por
Bea
en
jueves, abril 03, 2008
2
comentarios
Etiquetas: proxectos, XARDINEIRÍA
31 mar 2008
PRIMEIROS SEMENTEIROS DE PLANTAS AROMÁTICAS
Hoxe, antes de ir á Biblioteca Municipal de Arteixo, a unha sesión de contacontos... fixemos os primeiros sementeiros de plantas aromáticas para o noso invernadoiro.
Plantamos perexil común e máis anano, lavanda, eneldo, cilantro... E mañá seguiremos sementando flores, e comprobando como segur o proceso das nosas legumes, que aínda non parecen amosar ningunha transformación, pero moi pronto cambiarán.
O primeiro que fixemos antes de poñernos a facer os sementeiros, foi pensar en que precisan as plantas para poder vivir, e sen dubidar rapidamente dixeron: auga, terra, sol... e a que máis costou foi o aire. E como tiñamos todo iso, e ademais tiñamos terra e sementes, comezamos a facer pequenas sementeiras que logo teremos que ter ben marcadas cos nomes e caracteristicas básicas de cada planta: para que serven...
Publicado por
Bea
en
lunes, marzo 31, 2008
0
comentarios
Etiquetas: XARDINEIRÍA
28 mar 2008
XA TEMOS INVERNADOIRO
Publicado por
Bea
en
viernes, marzo 28, 2008
0
comentarios
Etiquetas: XARDINEIRÍA
26 mar 2008
SEMENTEIROS
Imos ter na clase un pequeno invernadoiro no que faremos sementeiros de flores, herbas aromáticas... e como non, comezamos coa experimentación de legumes.
De momento só tenemos "prantadas" fabas e garabanzos, pero pronto teremos máis cousas.
Publicado por
Bea
en
miércoles, marzo 26, 2008
0
comentarios
Etiquetas: XARDINEIRÍA
15 mar 2008
PARABÉNS

Pasade unhas boas vacacións de Pascua!! e... á volta, atoparedes outra vez un montón de novidades no noso blog!!
Achégase a Primavera, e con ela, seguiremos traballando en moitas cousas, e comezaremos outras, entre elas, a Xardineiría.
Publicado por
Bea
en
sábado, marzo 15, 2008
0
comentarios
Etiquetas: PRIMAVERA, XARDINEIRÍA










