15 abr 2008

LIMPEZA DO INVERNADOIRO

Hoxe a primeira hora, antes de que comezara a pega-lo sol, fomos ó invernadoiro do colexio, e limpamos as herbas que tiña nos seus alrededores. Ademais recuperamos algúns xoguetes dos nen@s de 4 anos, posto que o invernadoiro está no seu patio, e había agochados entre as herbas un montón de pás, caldeiros... Claro está, para facer esta limpeza armámonos con luvas!!!
Tamén aproveitamos para xuntar nunha caixa tódolos caracois que atopamos, e había un montón (grandes, medianos, pequenos...) alomenos dúas grandes familias de caracois, e despois levámosllas a profe Maite, pois na súa clase (4 anos) estanos pescudando.

No hay comentarios: