Mostrando entradas con la etiqueta PRIMAVERA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRIMAVERA. Mostrar todas las entradas

30 abr 2008

REMATANDO O DOSSIER DE ARTE

Xa hai tempo que temos material para o noso dossier, pois fixemos algunhas obras (de Picasso, de Van Gogh, de Kandinsky...) con diferentes técnicas plásticas, pero tamén estamos a xogar coa arte (coas palabras, coas letras, cos números) recordando moitísimos dos datos que temos nos paneis de arte da nosa porta, e de datos que fomos aprendendo en diferentes medios (no EDI, en internet, nos libros que trouxo Gustavo...)


Aquí podedes ver unha mostra de como está quedando o dossier, cando esté rematado xa o poñemos enteririño para que non vos perdades nada.
E tamén vos ensinamos o ben que traballamos hoxe, pois fixemos unha especie de concurso, e como agasaio puidemos facer unha pulseira, aínda que por falta de tempo, quedaron 4 por rematar e levaranas o luns para á casa. Son as pulseiras máxicas da primavera. Mirade que fácil as fixemos, e que bonitas nos quedaron!!


QUEREDES UNHA? SÓ PRECISADES PAPEL DE SEDA E TUBIÑOS TRANSPARENTES DE MANGUEIRA

15 abr 2008

BECHOS

Onte na Caixa Máxica Muna deixounos un libro para pescudar os bechos, sí, os bechos. Nel vimos diferentes animais, ós que normalmente cando os vemos lles chamamos así: BICHOS!!!
Escarabellos, escorpións, bolboretas, carrachas, moscas, abellas, xoaniñas, arañas, caracois... e non son todos da misma especie, algúns son insectos, e otros non.
Seguramente no-lo deixou porque veu que como na clase temos vermes de seda, ó mellor, pensa que deberíamos saber máis cousasdeles e doutros animais parecidos. Nós, coma a sempre, observamos o libro, e aprendemos moitas cousas.
E tamén aproveitamos para ver de preto os nosos vermes.



14 abr 2008

A NOSA REVISTA DIXITAL DAS PLANTAS E A PRIMAVERA

11 abr 2008

XOANIÑAS PINTADAS PARA DECORAR NO CORREDOR

Aproveitamos para decorar un pouquiño o corredor, e para iso fixemos unhas xoaniñas que pintamos con ceras duras, e posteriormente rematamos con acuarela.

8 abr 2008

SORPRESA!!!!!

QUE TEMOS NA CLASE? VERMES DE SEDA!!!!

7 abr 2008

MÁIS PLANTAS E FLORES




Aquí podedes ver coma todos miraban o que ocorrera no invernadoiro... xa se empeza a ver o eneldo, as flores de pradera, bella de día, as flores de aliso...

4 abr 2008

PRIMEIROS BROTES... xa se empexan a ver as flores

Hoxe notamos un cambio no invernadoiro pois en dous vasiños dos que semetamos flores xa se empezan a ver algunhas. Como podedes ver na tarxeta o nome desas flores é "Bella de día".
Esperamos que o luns, cando cheguemos ó cole, e despois de pasar a fina de semana co sol que vai estos días, a ver se hai máis sorpresas!!!

3 abr 2008

ALGUNHAS DAS FICHAS QUE ESTAMOS A FACER SOBRE AS PRANTAS

CAL É O PROCESO QUE SEGUE UNHA SEMENTE? Mirade neste video que atopamos na rede:


Ordeamos a secuencia do proceso de colocación das flores nun floreiro
Ordeamos o proceso de crecemento dunha semente
Coñecemos as partes das árbores e plasmámolas na ficha
Coñecemos as partes dunha flor e plasmámolas nunha ficha
Vimos que tipos de insectos son propios desta época rondado á redor das flores
A as árbores cos seus froitos...

BOLBORETAS E ÁRBOLES Ó SOL

Aproveitando o bo tempo destes días, a decoración primaveral do cole, e que na escola estamos traballando cousas das plantas, flores... dos insectos que podemos ver preto das flores... fixemos unha representación de bolboretas e de árbores ó sol.
Coñecedes algunha bolboreta ou algunha árbore?

15 mar 2008

PARABÉNS


Pasade unhas boas vacacións de Pascua!! e... á volta, atoparedes outra vez un montón de novidades no noso blog!!
Achégase a Primavera, e con ela, seguiremos traballando en moitas cousas, e comezaremos outras, entre elas, a Xardineiría.