Mostrando entradas con la etiqueta DINOSAURIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DINOSAURIOS. Mostrar todas las entradas

23 feb 2008

O DOSSIER DO PROXECTO DOS DINOSAUROS

Rematamos a nosa investigación sobre os dinosauros, e xa levamos o dossier para a casa. Aquí amosámosvos como foi, aínda que tamén temos un dossier de aula que ten fotos, actividades en forma de xogos, materiais significativos (os 12 m. de lá que utilizamos para medir a lonxitude dun dinoaurio concreto no corredor, os bloc que fixemos cos pesos dos dinosauros, os debuxos que fixemos ó principio e ó final do proxecto....) Este dossier convertirase tamén en libro viaxeiro, para que os nenos/as vos podan explicar o que aprenderon, e para que xoguedes con eles (seguro que tamén aprendedes cousas).
BubbleShare: Share photos - green toy news

20 feb 2008

PANEL DE COÑECEMENTOS DOS DINOSAUROS

Agora que xa estamos ultimando o noso libro dos dinosauros, ímosvos ensinar o panel que fixemos hoxe, co que recordamos algunhas das cousas que aprendemos no proxecto.
Muna deixounos na Caixa Máxica unhas fotos sobre ovos, pero non ovos de galiña, senón de dinosauros... eran grandísimos, e vimos como saían os dinosaurios deles, e mesmo, como están dentro do ovo (tipo raios X). Vímolas, falamos delas, vimos unha na que se comparaba o tamaño dos ovos de galiña, os de avestruz e os de dinosaurio. E tamén falamos sobre os fósiles, a extinción dos dinosauros, a importancia dos paleontólogos no descubrimento das cousas dos dinosaurios... e algunas desas cousas, pódense ver no panel.

16 feb 2008

CHEGANDO Ó FIN DO PROXECTO DE DINOSAUROS

Só nos quedan unhas cousiñas que investigaremos esta semana para poder rematar o noso proxecto dos dinosauros, pois como veredes no dossier que estamos a elaborar (que levaremos esta semana para casa) xa aprendimos o que nós queriamos saber.
Xa sabemos cando houbo dinosauros, coñecemos a existencia de moitos tipos de dinosauros (algúns só nos soa o nome, pero outros témolos máis que recoñecidos), sabemos dos que máis investigamos cales son herbívoros e cales carnívoros (e ademais temos un truco para saber de calquera dinosaurio se é carnívoro ou herbívoro, só precisamos verlle os dentes), coñecemos as partes do seu corpo e para que lle serven...
Nas fotos poderedes ver como cada pulpi debuxou ó seu dinosauro favorito, e non ten nada que ver cos primeiros debuxos que fixemos na primeira sesión (cando non viran os libros, nin as pelis nin nada)... mirádeos!!!

23 ene 2008

PARQUE XURÁSICO

Xa sabemos moitas cousas dos dinosaurios, e quixemos recrear un parque xurásico para o cal modelamos algunhas das especies que traballamos, e as colocamos formando un parque propiamente do período xurásico.
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

22 ene 2008

SABEMOS CANTO MIDEN E PESAN ALGÚNS DINOSAURIOS... e ti?

Hoxe na Caixa Máxica apareceron unhas tarxetas sobre características dos dinosaurios, e coas que xogamos a emparellalas (pois había unhas verdes e outras azuis, emparelladas entre sí). Cada un saía ó medio da asamblea e falaba de como era o seu dinosario, e os demais tentábamos adiviñar se era o mesmo que o noso, e polo tanto estarían emparellados.
Tamén vimos unhas novas fichas plastificadas semellantes ás que xa tiñamos no encerado, coas que xogamos a descubrir o nome dos dinosaurios e recordar algunha das características que vimos sobre os mesmos.
E finalmente tivemos que plasmar os nosos coñecementos nunha ficha tamaño A3 (case non cabíamos na mesa).

14 ene 2008

DINOSAUROS DE 12 METROS... ¿CANTO É ISO?

Hoxe tivemos a axuda de Muna (a nosa mascota) para seguir aprendendo cousas dos dinosauros, xa que nos deixou na Caixa Máxica unhas fichas de dinosauros coas súas fotos e unhas breves descripcións. Falamos dos que eran hervíboros e carnívoros, dos que tiñan pinchos ou placas, miramos cales tiñan a cola máis curta ou máis longa... e os nomes, como son tan difíciles, pois so nos quedamos có do diplodocus, o velociraptor e o tiranosauro rex (porque algúns xa os coñecían).
E Claudia tamén nos trouxo unhas cousas sacadas de internet sobre os dinosauros, eu lin o que poñía... e resultou falar dun dinosaurio que media 12 metros de lonxitude, o que aproveitamos para facer matemáticas "pensando".
Quixemos ver canto serían 12 metros, e entre todos puxéronse a pensar que precisábamos para poder calcula-lo. Pronto saíu que necesitabamos un metro, que non tíñamos, pero sí unha regra grande (a do encerado). E que máis poderíamos utilizar para medir? (dixeron o teito, a parede, a chan...e tamén un fío, ou a nosa tea de araña, feita con la). Isto foi o que utilizamos a regra, e lá.
Podedes ver na presentación de imaxes como resultou todo o proceso, e o grande que sería un dinosaurio de 12 metros...
Despois contamos cantos pasos dabamos nos 12 metros, por parellas, e comparamos ¿quen deu máis pasos? ¿quen deu menos? e chegamos a conclusión de que non era unha competición, senón que dependía do longo das nosas pernas.
Todos fixeron entre 16 e 23 pasos.
Eu fixen 10.
E un dinosauro? seguramente só 3 ou 4 pasos. Todo dependendo do tamaño das nosas pernas, ou das súas patas.

12 ene 2008

SEGUIMOS CO PROXECTO DOS DINOSAURIOS

E... sabedes que? No cole, todos os nen@s de Educación Infantil imos ir disfrazados dos PICAPEDRA, e sabedes cal era a súa mascota? Pois Dino, un dinosaurio. Así que, teremos que pescudar por que tiñan un dinosaurio, se agora non os hai... cando viviron os Picapedra????

17 dic 2007

COMEZAMOS O PROXECTO!!!

Este proxecto comezou, como xa sabedes, porque tras dunha votación na que os nen@s dicían que lles gustaría investigar, saíu gañador o tema dos dinosaurios.
o primeiro que fixemos, unha vez decidido o tema foi por en común unha serie de ideas, surxidas a raíz das preguntas: ¿qué sabemos dos dinosaurios? e ¿que queremos saber dos dinosaurios?
Todas as ideas puxémolas nun papel contínuo na clase, e a partir de ahí (do que xa sabemos e do que queremos saber) comezamos a investigar.
Esta semana estivemos recopilando materiais, tras pedirvos ás familias, nunha nota (que nós mesmos escribimos), que nos mandásedes materiais para poder investigar os dinosaurios, o noso novo proxecto.
Xa temos algúns libros e contos, un deles con imáns (que son diferentes tipos de dinosaurios) e algunhas cousas que sacamos de internet...
Pero antes de analizar todos estos materiais, cría convinte ver que idea tiñan do que era un dinosaurio, por iso debuxamos un sin tener referencias previas, e por certo, teñen bastante parecido. Logo iredes vendo como (ó longo do transcurso do proxecto) cambiará pouco a pouco a nosa técnica, cada vez máis precisa no debuxo. Os primeiros dinosaurios que debuxamos son estes:


Parece que tódolos dinosaurios son verdes, a lo menos na súa maioría, teñen dúas patas, colas moi longas... será sempre así? xa o veremos!!

7 dic 2007

DINOSAURIOS

Seguimos aprendendo cousas dos países, pero... agora ímonos converter en detectives, e fixemos unha votación para saber que temas quereríamos investigar, e aínda que ó principio non nos saía nada, finalmente, tras do primeiro que dixo un animal, seguiron o resto dando diversos tipos de animais a investigar. O resultado da votación pódese ver na foto, OS DINOSAURIOS, así que... esperamos que nos enviedes información para que podamos investigar moito e nos convirtamos en verdadeiros detectives.
Podedes mandarnos imaxes de todo tipo, contos, películas, revistas, cromos, dinosaurios de xoguete... todo aquilo que nos serva para poñerlle imaxe ós nosos pensamentos e ubicalos sobre os nosos coñecementos nos valerá, e ademais nos motivadrá para servir pescudando.


E... si alguén nos quere mandar información sobre o tema por correo electrónico: clasedebea@hotmail.com
GRAZAS!!!