Mostrando entradas con la etiqueta as nosas tarefas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta as nosas tarefas. Mostrar todas las entradas

15 nov 2007

A TEA DE ARAÑA DE FALAR SEN PARAR...

Estabamos na asamblea tranquilamente, e cando tocaba mirar se había algo na caixa Máxica, alí apareceu un ovillo de lá. ¿Para que sería? Tiñamos un certo problema para acatar as normas da asamblea á hora de falar, de escoitar ós demais e de respeta-las quendas de palabra... e a lá, fixo que xa saibamos escoitar, esperar a nosa quenda e falar (despois de pensar!!!!, pois ás veces falabamos sen ter en conta o que estaban a dicir os compañeiros/as e metíamonos na conversación sen ter moito senso).
Agora nas asambleas xogamos a facer teas de araña que se van tecendo de distintas formas segundo os nenos/as van pedindo a súa quenda para falar. É moi divertido ¿Probáchedelo algunha vez?



2 nov 2007

TEMOS TEMPO PARA TODO...

Non creades que o único que facemos no cole é investigar países e facer fichas...non, non, non!!!! Facemos moitísimas cousas máis. Temos tempo para todo:


Danos tempo a todo ou non? vós que credes? Con razón cando chegamos á casa estamos tan cansos, pois temos una axenda moi apretada.

25 oct 2007

AS RUTINAS DA AULA

Para ter unha concepción espacio-temporal cada vez máis axustada, facemos uso das rutinas. Son cousas que facemos día tras día, para pouco a pouco anticiparnos ó que vai vir, e tamén para comprender algunhas cousas, para o cal temos que estar moi atentos e aprender a observar.
o primeiro que facemos, despois de poñe-lo mandilón e gardar a bolsiña da merenda, é saudarnos cunha canción e un grande abrazo de grupo.
E despois para facernos cada vez máis responsables, compartimos tarefas, e temos tres encargados/as de clase: o encargad@das Rutinas da pizarra (quen será o director@ de orquestra para cantar a canción dos días da semana, pasará lista contando cantos estamos na clase e cantos non, porá a data no calendario, mirará a temperatura e o tempo atmosférico, situará o reloxo das estacións na posición correspondente, recordaranos as normas da clase...), o encargad@ dos Materiais (repartirá as bandexas de lapis, cores, as fichas...) e o encargad@ da Natureza(terá que regar as plantas que temos na clase, comprobar que os materiais se reciclan correctamente nos 3 recipientes que temos, e vixiará na aula e no patio que se tiren as cousas á papeleira e non ó chan).

ALGÚNS ENCARGAD@S FACENDO AS SÚAS TAREFAS:



VIDEO:
As normas da aula
VIDEO:
Canción dos bos días.