Mostrando entradas con la etiqueta SOMOS ARTISTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOMOS ARTISTAS. Mostrar todas las entradas

28 may 2008

PINTANDO COMO JACKSON POLLOCK




















No EDI hoxe algúns puideron pintar coa mesmísima técnica de Jackson Pollock, e veredes que os cadros eran moi parecidos ós del.
Tedes nos enlaces da dereita o desta aplicación por se queredes practicar no voso ordenador.














22 may 2008

OS NOSOS RETRATOS

Hoxe fixemos os nosos retratos, e para iso... pintámonos mirándonos ó espello, para que non se nos olvidara de poñer nada, e non ter confusións da cor que temos os ollos, se temos dúas orellas ou ninguna (pois moitas veces ós nenos/as que debuxamos non lles poñemos orellas por despiste...) se temos cellas e pestanas... se temos ou non pecas, se levamos ou non pendentes, se somos loiros ou morenos... Con todos os retratos estamos facendo unha exposición no corredor, pois nos encanta que vexan as nosas obras, así que, ós que andades polo cole, invitámosvos a vela.
Así foi o proceso:

20 may 2008

XA TIVEMOS O RECONTO DE VOTACIÓNS

Hoxe saímos ó corredor a face-lo reconto de votos no noso panel do concurso de arte + os votos da web.
Ó final, aínda que parecía haber empate, por un voto, gañou o concurso Carla García, coa súa obra "El castillo del sol y la luna" e como premio levou un xogo de pintar con dous pinceis e unhas pinturas, para que siga facendo bonitos cadros.
Así quedou o panel co reconto de votacións.

Cos ollos pechados, esperamos a entrega do premio!!!

A gañadora co seu premio.

9 may 2008

CONCURSO DE OBRAS DE ARTE

Son moitas as obras de arte que levamos feito neste ano, pero hoxe fixemos a "NOSA EXPOSICIÓN OFICIAL DE OBRAS DE ARTE" á que lle puxemos ata os títulos as nosas obras, aínda que non todos elixiron o título, e algúns teñen a fin de semán para deliberar cal será o seu título final, pois non se vale repetir, e curiosamente, aínda que podían pintar libremente o que quixeran, case todos os cadros son de castelos.


Aquí podedes ver a exposición e como van indo as votacións

A modo de concurso, cada cadro ten un número que poderes ver poñendo o rato sobre a imaxe, e podedes votar cal vos gusta máis, para saber cal é a obra gañadora deste concurso, e que coma concurso que é terá un premio ¿Cal será?

8 may 2008

XA TEMOS NOME DA NOSA TRIBU CAVERNÍCOLA

Non estábamos moi ocurrentes, e somos "A tribu dos Pulpis cavernícolas", tamén bautizamos ó noso mamut da clase como "Pulpi" (moi orixinal tamén, jeje), e cada un xa levou o seu colgante da tribu para a casa.
Mirade que bonitos nos quedaron!!

7 may 2008

PINTURAS RUPESTRES CON XICES DE CORES

Hoxe fixemos "pinturas rupestres" no corredor. Primeiro tentamos facelas con carbóns (cinzas do magosto) pero non nos pintaban nada, así que, ó final decantámonos por facelos con xices de cores.

6 may 2008

CAZADORES PREHISTÓRICOS

Hoxe aproveitamos a facer unha actividade plástica para o noso dossier da Prehistoria. O que fixemos foi repasar con ceras brandas as siluetas duns cazadores, e posteriormente pintamos todo por riba cunha augada de diferentes cores (auga e acuarela).
Aquí están os resultados:

30 abr 2008

REMATANDO O DOSSIER DE ARTE

Xa hai tempo que temos material para o noso dossier, pois fixemos algunhas obras (de Picasso, de Van Gogh, de Kandinsky...) con diferentes técnicas plásticas, pero tamén estamos a xogar coa arte (coas palabras, coas letras, cos números) recordando moitísimos dos datos que temos nos paneis de arte da nosa porta, e de datos que fomos aprendendo en diferentes medios (no EDI, en internet, nos libros que trouxo Gustavo...)


Aquí podedes ver unha mostra de como está quedando o dossier, cando esté rematado xa o poñemos enteririño para que non vos perdades nada.
E tamén vos ensinamos o ben que traballamos hoxe, pois fixemos unha especie de concurso, e como agasaio puidemos facer unha pulseira, aínda que por falta de tempo, quedaron 4 por rematar e levaranas o luns para á casa. Son as pulseiras máxicas da primavera. Mirade que fácil as fixemos, e que bonitas nos quedaron!!


QUEREDES UNHA? SÓ PRECISADES PAPEL DE SEDA E TUBIÑOS TRANSPARENTES DE MANGUEIRA

29 abr 2008

ARTE, PREHISTORIA... o noso grande proxecto!!!

Hoxe viñeron á nosa clase os nenos e nenas da clase dos globos, porque eles coma nós están pescudando a prehistoria. Xuntos, no encerado dixital, recordamos moitas cousas das que levamos aprendido ata o momento (a través dun xogo que fixo Ana, a profe da clase dos globos) e vendo xuntos algúns dos materiais que temos respecto ó tema (armas verdadeiramente prehistóricas, unha auténtica dentadura de tigre dentes de sable, un anaco de cova rochosa con decoración rupestres... e tamén fixemos algún xogos interactivos sobre o tema.

ARTE NO ENCERADO DIXITAL

Aproveitando que temos o encerado dixital, traballamos coas obras de arte nel, escribindo o nome dos autores, das obras... e vendo unha vez máis diferentes tipos de obras artísticas.

NESTES DÍAS SEGUIMOS TRABALLANDO A ARTE

Xa hai tempo que comezamos a coñecer algunhas obras de arte, fixemos reproduccións artísticas con elas, fixemos xogos (os memorys das obras de arte), fixemos esculturas (de plastilina)...E agora estamos coñecendo moitístimas obras artísticas, tanto de pintura como de escultura e arquitectura... e a moitísimos pintores (tanto estranxeiros coma galegos) e estamos aproveitando para facer un libriño de arte no que imos recollendo todo o que aprendemos.
O venres pasado, Muna deixounos na caixa Máxica un cuadro de Picasso, sí sí, un verdadeiro cadro de Picasso , o da "Rapaza ante o espello" e nós tivemos que facerlle unha copia, pintandoo cos mesmos colores que utilizou o pintor. Non saberíades cal é a verdadeira obra, do ben que o fixeron!!!
Onte na porta da nosa clase puxen un montón de paneis con obras de arte distribuidas de diferentes formas: por tipo de obra (pintura, escultura, arquitectura), por autores (Miró, Picasso, Lugrís, Seoane, Kandinsky; Sorolla, Botero, Van Gogh...), por tipos de pinturas (cadros de paisaxes, bodegóns, retratos...)
Con eles os nenos/as deberán ir facendo o libriño de arte, e cando teñan dúbidas sobre algunha obra, só teñen que asegurarse na porta de que un obra determinada pertence ó estilo ou autor que eles pensan.

19 abr 2008

SOPLANDO PODÉRASE PINTAR?

Pois sí, se colledes unha palliña mollades a punta en témpera rebaixada en agua, e comezades a soplar, que pasará?

16 abr 2008

RECICLANDO, CREANDO, EXPERIMENTANDO...

Aproveitamos material de refugallo para crear unhas bolboretas, aínda que nos levarán varias sesións, e non están rematadas, pero podedes facervos unha idea de todo o proceso que está a levar.

11 abr 2008

XOANIÑAS PINTADAS PARA DECORAR NO CORREDOR

Aproveitamos para decorar un pouquiño o corredor, e para iso fixemos unhas xoaniñas que pintamos con ceras duras, e posteriormente rematamos con acuarela.

15 mar 2008

VOLTAMOS A XOGAR COA ARTE

Outra vez, quixemos achegarnos un pouquiño máis ó mundo da arte, e tamén ó mundo da Prehistoria.
Na Caixa Máxica apareceron un montón de materiais que nos recordaban todo o aprendido ata o momento. Había imaxes de diferentes covas, nas que vivían os cavernícolas, e tamén imaxes da decoración das mesmas (que eran pinturas rupestres, ou ben de animais ou de escenas de cacería), e como non, imaxes dun grande inimigo dos cavernícolas: o tigre dentes de sable.
Con elas recordamos datos, situamos o conto co que iniciamos o proxecto nunha cova concreta, sabendo realmente como son, e vimos exemplos de decoracións nas covas, que logo precisaríamos para decorar a nosa.
Mais na Caixa Máxica había tamén unhas caixiñas cheas de cuadros miniaturas de pintores famosos e que se repetían duas veces.
Con elas vimos que diferente era a primeira pintura realizada nas covas, respeito a pintura moderna, pero é que os cavernícolas non tiñan nin pinturas coma as de agora, entón... tiña que ser ben diferente!!! E tampouco tiñan tendas para ir a mercar un lenzo, nin un cabalete...
Con estas tarxetas traballamos tamén sobre os distintos tipos de cadros que nós, coma os pintor@s famos@s, poderíamos facer: retratos, paisaxes, bodegóns... e todo a modo de xogo.
Primeiro repartimos tódalas tarxetas dos cadros polas mesas, e tiñan que ir buscando parellas de cadros. Logo, fomos á asamblea e tentamos adiviñar cales serían retratos, cales paisaxes, e ata imaxinamos que poderían representar algúns máis abstractos.

Máis tarde tentaríamos facer arte prehistórica, pintando con sanguinas un bisontes...
E tamén deixamos a nosa sinatura na cova, estampando as mans, xa que na prehistoria non escribían para face-la sinatura, aínda non aprenderan .
Pero...isto non foi o único, tamén vimos cales eran as armas prehistóricas que utilizaban para cazar, que claro está, estaban feitas con pedras e madeira:

E reflictimos todo o aprendido nas fichas do noso dossier da prehistoria.

2 mar 2008

NO RECUNCHO DE ARTE...

Pintamos en cabalete, e utilizamos pinceis, acuarelas, témperas... pero como non temos lenzos, pintamos sobre folios ou cartulinas. Estamos practicando a facer pequenas obras de creación libre, pero xa veredes "verdadeiras obras de arte".




Ás veces facemos retratos, outras paisaxes... segundo a nosa inspiración.