Hoxe, dous dos encargad@s do día, convertéronse en auténticos piratas. Enzo e Claudia, foron a buscar ós nosos compis os Globos para que viñeran a ver unha nova webquest no EDI.
Nela, o Capitán Cara de Pan, mandanos facer unhas probas e investigar cousas sobre os piratas, para que tras pasar tódalas probas, podamos recibir outra mensaxe con pistas sobre onde se agocha o tesouro do cole.
Unha das probas que temos que superar agora é construir o noso propio barco pirata, pero aínda nos queda moito por facer, digamos que aínda está no asteleiro.
10 jun 2008
AUTÉNTICOS PIRATAS
Publicado por
Bea
en
martes, junio 10, 2008
3
comentarios
Etiquetas: AS NOSAS WEBQUEST, OS PIRATAS, proxectos
27 may 2008
A NOSA 2ª WEBQUEST
Hoxe invitamos ós nosos compis da clase dos Globos a que viñeran a ver a webquest da Prehistoria, e entre todos investigamos. Podedes atopala nos enlaces da dereita, no apartado "webquests dos pulpis".
Aínda que a idea era facela no ordenador por parellas, por falta de tempo e dado que mañá remataremos o noso proxecto da Prehistoria, vímola entre todos no EDI.
Publicado por
Bea
en
martes, mayo 27, 2008
0
comentarios
Etiquetas: AS NOSAS WEBQUEST
12 abr 2008
O CONTO DA RATIÑA FACHENDOSA
Unha das probas que propón Trasni na nosa webquest é visitar en internet un video, que hai na rede, e que foi realizado noutro colexio, representando este conto.
Como é moi bonito, deixamolo aquí para que o podades ollar.
Publicado por
Bea
en
sábado, abril 12, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ANIMACIÓN Á LECTURA, AS NOSAS WEBQUEST
11 abr 2008
A NOSA PRIMEIRA WEBQUEST
Estamos comezando a facer pequenas pesquisas en internet: búsqueda de imaxes, vídeos, visitar enlaces con páxinas... e para facelo, creei unha pequena WQ que se axeita ó que nós temos entre mans, o proxecto "Contamos con contos". Así que por parellas, iremos pescudando coa axuda de Trasni, que é o protagonista de webquest, e xa vos ensinaremos que cousas nos manda facer esta personaxe.
Se conseguimos pasar todas as probas, conseguiremos unha bolsiña dos tesouros, que terá dentro? Estade atentos!!
Para entrar a vela picade no enlace da dereita "webquest dos Pulpis "Contamos con contos".
A que esperas para vela?
Publicado por
Bea
en
viernes, abril 11, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ANIMACIÓN Á LECTURA, AS NOSAS WEBQUEST




