11 abr 2008

A NOSA PRIMEIRA WEBQUEST

Estamos comezando a facer pequenas pesquisas en internet: búsqueda de imaxes, vídeos, visitar enlaces con páxinas... e para facelo, creei unha pequena WQ que se axeita ó que nós temos entre mans, o proxecto "Contamos con contos". Así que por parellas, iremos pescudando coa axuda de Trasni, que é o protagonista de webquest, e xa vos ensinaremos que cousas nos manda facer esta personaxe.
Se conseguimos pasar todas as probas, conseguiremos unha bolsiña dos tesouros, que terá dentro? Estade atentos!!
Para entrar a vela picade no enlace da dereita "webquest dos Pulpis "Contamos con contos".
A que esperas para vela?

No hay comentarios: