Hoxe saímos ó corredor a face-lo reconto de votos no noso panel do concurso de arte + os votos da web.
Ó final, aínda que parecía haber empate, por un voto, gañou o concurso Carla García, coa súa obra "El castillo del sol y la luna" e como premio levou un xogo de pintar con dous pinceis e unhas pinturas, para que siga facendo bonitos cadros.Así quedou o panel co reconto de votacións.
Cos ollos pechados, esperamos a entrega do premio!!!
A gañadora co seu premio.
20 may 2008
XA TIVEMOS O RECONTO DE VOTACIÓNS
Publicado por
Bea
en
martes, mayo 20, 2008
0
comentarios
Etiquetas: CONCURSOS, SOMOS ARTISTAS
8 may 2008
CONCURSO: POÑERLLE NOME A UN MACACO DO ZOO DE VIGO
Se picades aqui, podedes ver as bases para participar neste concurso, só hai que mandar un correo eletrónico cos teus datos personais e o nome que che gustaría para un macaco.
A nós gustaríanos coñecer tamén cales son os nomes que propoñedes, así que, podedes poñelos en comentarios.
Participade e moita sorte!!Están en xogo bonos e entradas gratuitas para Vigozoo, non perdades esta oportunidade.
Tamén podedes votar entre os nomes propostos para decidir cal vos gusta máis, eu vou agora mesmo a partipar e vou probar sorte co nome de pulpi, votade!!!
Publicado por
Bea
en
jueves, mayo 08, 2008
0
comentarios
Etiquetas: CONCURSOS


