Mostrando entradas con la etiqueta ARTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARTE. Mostrar todas las entradas

22 may 2008

OS NOSOS RETRATOS

Hoxe fixemos os nosos retratos, e para iso... pintámonos mirándonos ó espello, para que non se nos olvidara de poñer nada, e non ter confusións da cor que temos os ollos, se temos dúas orellas ou ninguna (pois moitas veces ós nenos/as que debuxamos non lles poñemos orellas por despiste...) se temos cellas e pestanas... se temos ou non pecas, se levamos ou non pendentes, se somos loiros ou morenos... Con todos os retratos estamos facendo unha exposición no corredor, pois nos encanta que vexan as nosas obras, así que, ós que andades polo cole, invitámosvos a vela.
Así foi o proceso:

9 may 2008

CONCURSO DE OBRAS DE ARTE

Son moitas as obras de arte que levamos feito neste ano, pero hoxe fixemos a "NOSA EXPOSICIÓN OFICIAL DE OBRAS DE ARTE" á que lle puxemos ata os títulos as nosas obras, aínda que non todos elixiron o título, e algúns teñen a fin de semán para deliberar cal será o seu título final, pois non se vale repetir, e curiosamente, aínda que podían pintar libremente o que quixeran, case todos os cadros son de castelos.


Aquí podedes ver a exposición e como van indo as votacións

A modo de concurso, cada cadro ten un número que poderes ver poñendo o rato sobre a imaxe, e podedes votar cal vos gusta máis, para saber cal é a obra gañadora deste concurso, e que coma concurso que é terá un premio ¿Cal será?

30 abr 2008

REMATANDO O DOSSIER DE ARTE

Xa hai tempo que temos material para o noso dossier, pois fixemos algunhas obras (de Picasso, de Van Gogh, de Kandinsky...) con diferentes técnicas plásticas, pero tamén estamos a xogar coa arte (coas palabras, coas letras, cos números) recordando moitísimos dos datos que temos nos paneis de arte da nosa porta, e de datos que fomos aprendendo en diferentes medios (no EDI, en internet, nos libros que trouxo Gustavo...)


Aquí podedes ver unha mostra de como está quedando o dossier, cando esté rematado xa o poñemos enteririño para que non vos perdades nada.
E tamén vos ensinamos o ben que traballamos hoxe, pois fixemos unha especie de concurso, e como agasaio puidemos facer unha pulseira, aínda que por falta de tempo, quedaron 4 por rematar e levaranas o luns para á casa. Son as pulseiras máxicas da primavera. Mirade que fácil as fixemos, e que bonitas nos quedaron!!


QUEREDES UNHA? SÓ PRECISADES PAPEL DE SEDA E TUBIÑOS TRANSPARENTES DE MANGUEIRA

29 abr 2008

ARTE NO ENCERADO DIXITAL

Aproveitando que temos o encerado dixital, traballamos coas obras de arte nel, escribindo o nome dos autores, das obras... e vendo unha vez máis diferentes tipos de obras artísticas.

NESTES DÍAS SEGUIMOS TRABALLANDO A ARTE

Xa hai tempo que comezamos a coñecer algunhas obras de arte, fixemos reproduccións artísticas con elas, fixemos xogos (os memorys das obras de arte), fixemos esculturas (de plastilina)...E agora estamos coñecendo moitístimas obras artísticas, tanto de pintura como de escultura e arquitectura... e a moitísimos pintores (tanto estranxeiros coma galegos) e estamos aproveitando para facer un libriño de arte no que imos recollendo todo o que aprendemos.
O venres pasado, Muna deixounos na caixa Máxica un cuadro de Picasso, sí sí, un verdadeiro cadro de Picasso , o da "Rapaza ante o espello" e nós tivemos que facerlle unha copia, pintandoo cos mesmos colores que utilizou o pintor. Non saberíades cal é a verdadeira obra, do ben que o fixeron!!!
Onte na porta da nosa clase puxen un montón de paneis con obras de arte distribuidas de diferentes formas: por tipo de obra (pintura, escultura, arquitectura), por autores (Miró, Picasso, Lugrís, Seoane, Kandinsky; Sorolla, Botero, Van Gogh...), por tipos de pinturas (cadros de paisaxes, bodegóns, retratos...)
Con eles os nenos/as deberán ir facendo o libriño de arte, e cando teñan dúbidas sobre algunha obra, só teñen que asegurarse na porta de que un obra determinada pertence ó estilo ou autor que eles pensan.

26 mar 2008

ARTE PREHISTÓRICA

Hoxe fixemos un obradoiro de arte prehistórica, representando escenas de caza de animais, en cartóns (para reciclar e facer cadros) e pedras.

15 mar 2008

VOLTAMOS A XOGAR COA ARTE

Outra vez, quixemos achegarnos un pouquiño máis ó mundo da arte, e tamén ó mundo da Prehistoria.
Na Caixa Máxica apareceron un montón de materiais que nos recordaban todo o aprendido ata o momento. Había imaxes de diferentes covas, nas que vivían os cavernícolas, e tamén imaxes da decoración das mesmas (que eran pinturas rupestres, ou ben de animais ou de escenas de cacería), e como non, imaxes dun grande inimigo dos cavernícolas: o tigre dentes de sable.
Con elas recordamos datos, situamos o conto co que iniciamos o proxecto nunha cova concreta, sabendo realmente como son, e vimos exemplos de decoracións nas covas, que logo precisaríamos para decorar a nosa.
Mais na Caixa Máxica había tamén unhas caixiñas cheas de cuadros miniaturas de pintores famosos e que se repetían duas veces.
Con elas vimos que diferente era a primeira pintura realizada nas covas, respeito a pintura moderna, pero é que os cavernícolas non tiñan nin pinturas coma as de agora, entón... tiña que ser ben diferente!!! E tampouco tiñan tendas para ir a mercar un lenzo, nin un cabalete...
Con estas tarxetas traballamos tamén sobre os distintos tipos de cadros que nós, coma os pintor@s famos@s, poderíamos facer: retratos, paisaxes, bodegóns... e todo a modo de xogo.
Primeiro repartimos tódalas tarxetas dos cadros polas mesas, e tiñan que ir buscando parellas de cadros. Logo, fomos á asamblea e tentamos adiviñar cales serían retratos, cales paisaxes, e ata imaxinamos que poderían representar algúns máis abstractos.

Máis tarde tentaríamos facer arte prehistórica, pintando con sanguinas un bisontes...
E tamén deixamos a nosa sinatura na cova, estampando as mans, xa que na prehistoria non escribían para face-la sinatura, aínda non aprenderan .
Pero...isto non foi o único, tamén vimos cales eran as armas prehistóricas que utilizaban para cazar, que claro está, estaban feitas con pedras e madeira:

E reflictimos todo o aprendido nas fichas do noso dossier da prehistoria.

14 feb 2008

ARTE E MÁIS ARTE

Fixemos un obradoiro de arte, e en cada recuncho tiñamos que transformar unha parte da obra de Picasso "El niño de la paloma", nun fermoso cadro, feito creativamente por cada un de nós, e utilizando distintas técnicas (dactilopintura, pintado con ceras brandas, estampando ou con acuarelas). Como veredes, o resultado é moi bo.



12 feb 2008

COÑECEMOS A ARTE, E OS ARTISTAS

Hoxe falamos un pouquiño sobre a arte ¿que é? ¿quen é un artista? e cada neno/a deu a súa opinión que eu apuntei nun papel, para captar como o debate se ía formando, e como as primeiras ideas ían evolucionando.
E en xeral tiñan claro que a arte e os artistas tiñan que ver co feito de pintar... aínda que posteriomente vimos como tamén se podía referir á escultura, á arquitectura, ó baile, á música...
Fixemos unha actividade para pensar e xogar a ler a pintura, cunha obra de Vassily Kandinsky.
Primeiro viron só un anaquiño da obra e imaxinaron e dixeron que podía ser, logo un anaquiño máis grande, e seguimos o mesmo proceso (entretanto eu apuntaba tódalas ideas que foran dando) : que eran unha farola, unhas flores no campo, unhas estrelas, unha boneca, un avión, un planeta, un país... e finalmente vimos a obra, e para a nosa sorpresa, ningún acertara, pois era un tren.
E logo tentamos transformar a obra, dándolle o noso toque persoal pero mantendo o obxecto principal do cadro, que era o tren. Para iso, recortei o tren e pegueino nun folio, e sobre a fotocopia desa composición, surxiron as obras que poderedes ver nas fotos.
¿Que vos parecen?