Hoxe falamos un pouquiño sobre a arte ¿que é? ¿quen é un artista? e cada neno/a deu a súa opinión que eu apuntei nun papel, para captar como o debate se ía formando, e como as primeiras ideas ían evolucionando.
E en xeral tiñan claro que a arte e os artistas tiñan que ver co feito de pintar... aínda que posteriomente vimos como tamén se podía referir á escultura, á arquitectura, ó baile, á música...
Fixemos unha actividade para pensar e xogar a ler a pintura, cunha obra de Vassily Kandinsky.
Primeiro viron só un anaquiño da obra e imaxinaron e dixeron que podía ser, logo un anaquiño máis grande, e seguimos o mesmo proceso (entretanto eu apuntaba tódalas ideas que foran dando) : que eran unha farola, unhas flores no campo, unhas estrelas, unha boneca, un avión, un planeta, un país... e finalmente vimos a obra, e para a nosa sorpresa, ningún acertara, pois era un tren.
E logo tentamos transformar a obra, dándolle o noso toque persoal pero mantendo o obxecto principal do cadro, que era o tren. Para iso, recortei o tren e pegueino nun folio, e sobre a fotocopia desa composición, surxiron as obras que poderedes ver nas fotos.
¿Que vos parecen?

12 feb 2008
COÑECEMOS A ARTE, E OS ARTISTAS
Publicado por
Bea
en
martes, febrero 12, 2008
Etiquetas: ARTE, FEBREIRO, proxectos, SOMOS ARTISTAS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario