Mostrando entradas con la etiqueta LIBROS VIAXEIROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIBROS VIAXEIROS. Mostrar todas las entradas

22 may 2008

REMATANDO O NOSO LIBRO DE MEIGAS

O libros das nosas meigas está a punto de rematar, e mañá comezará a viaxar!!!!!
Hoxe, aprendimos a cantar, e tamén bailar, unha canción que vai no libro: "La brujita Tapita". No libro inclúese o texto da canción, e máis un CD coa canción para que mentres está o libro na casa se poda escoitar, aínda que logo haberá que volver a deixalo no libro para que poda ser escoitado por tódolos compañeiros/as.
Na clase aprendimos a canción, e dramatizámola un pouco, e cando a tiñamos ensaiada un par de veces invitamos ós nosos compis da clase do "Paiaso" a que viñeran a bailar con nós.
Se vós tamén queredes escoitar a canción de "La brujita Tapita" só tedes que picar aquí.
E para aprendela, aquí vos deixo a letra:

LA BRUJITA TAPITA
VIVÍA EN UN TAPÓN

QUE NO TENÍA PUERTA,
NI VENTANA, NI BALCÓN.
LA BRUJITA TAPITA
VIVÍA EN UN TAPÓN,
CON UNA ESCOBITA
Y UN ENORME ESCOBILLÓN.

LA BRUJITA HACÍA BRUJERÍAS:
ABRACADABRA,
PATA DE CABRA ¡PUM!

LA BRUJITA TAPITA
QUERÍA NAVEGAR
Y EN UN CORCHO REDONDO
SE LANZÓ AL ALTAMAR.

LA BRUJITA TAPITA
TAMBIÉN QUISO VOLAR
Y SE SUBIÓ A UNA FLECHA
JUSTITO EN LA MITAD.

PERO EL CORCHO SE HUNDIÓ
Y LA FLECHA SE ROMPIÓ,
ABRACADABRA
PATA DE CABRA ¡PUM!

UN DÍA LA BRUJITA
QUISO DESAPARECER
Y MIRÁNDOSE AL ESPEJO
DIJO: UNO, DOS Y TRES!

MAS CUANDO ABRIÓ LOS OJOS
NO SE VIÓ, ¿SABEN POR QUÉ?
¡ PORQUE DESPISTADA
SE MIRABA EN LA PARED !

LA BRUJITA HACÍA BRUJERÍAS
ABRACADABRA,
PATA DE CABRA ¡PUM!

CUIDADO QUE TAPITA
APURADA SE MARCHÓ,
EN SU NUEVO MODELO
DE ESCOBA SÚPER SPORT.

PERO LA BRUJITA
SE HA OLVIDADO QUE EL MOTOR
FUNCIONA CON NAFTA
Y CON ABRACADABRA NO.

LA BRUJITA HACÍA BRUJERÍAS,
ABRACADABRA
PATA DE CABRA,
ABRACADABRA,
PATA DE CABRA ¡PUM!

¡PURUM PUM PUM!

E buscando pola rede, tamén atopei un video cunha canción sobre outra meiga á que lle rematou a maxia, queredes vela?



18 may 2008

NOVOS LIBROS VIAXEIROS

Lembrádesvos do Libro Viaxeiro dos Países do mundo? Sí, ese que comezamos a principio de curso, que estaba en branco e foron completándoo as familias, mentres viaxaba a cada unha das súas casas?. Pois agora temos dous novos libros viaxeiros: un no que se recollen cancións, poesías, contos, trabalinguas... que os nen@s foron traendo escritos das súas casas, coa colaboración das súas familias, e que na clase distribuimos seguindo unha lenda, con gomets de cores, segundo o tipo de texto que era: poesía, canción... Este xa comezou a viaxar a semán pasada e xa vai pola cuarta casa.
E esta semana comezará outro, un Libro de Meigas. Tra-la lectura do conto "Las cartas de Horacio y su bruja extrafalaria", nesta semana, fixemos unha serie de actividades sobre meigas, tales coma: debuxar meigas e poñerlles nome, pensar que mascota tería a nosa meiga e debuxala e poñerlle nome (sen poder repetir mascota nin nomes, polo que había que estar atento ó que debuxaban os demáis e ós nomes que dicían), vendo os debuxos das meigas, entre todos dicir características que terían, tanto físicas coma de carácter... estas e outras cousas quedan recollidas no "Libro das Meigas" pero ademáis, nel recollénse xogos, e actividades para que as familias realicen cos nen@s na casa, e que logo vaian viaxando a todas as casas para ir xuntando todas as aportacións. Por exemplo, unha das actividades que haberá que facer será inventar e escribir unha pócima máxica, decorar un sombreiro de bruxa... e outras máis.
Estou limpando ben a vasoira para que volva a voar, e xa comezará a viaxar o libro.
Boa viaxe!!!!!!!

20 feb 2008

O LIBRO DE POESÍAS, CANCIÓNS, ADIVIÑAS... PRONTO COMEZARÁ A SER UN LIBRO VIAXEIRO

Pois sí, xa temos algunhas adiviñas, contos, poesías, refráns, cancións... e estamos a montalas nun libro, ó que pouco a pouco se lle están a encher as páxinas.
Precisamos seguir traendo máis para rematalo pronto, e logo, convertirase nun libro viaxeiro (coma o dos países) o que pasa e que este só viaxará para que todas as familias podades ver o resultado do traballo que facedes nas casas axudándo ós nenos e nenas nesta tarefa de recopilación de recursos orais ( e invención de contos)... que forma parte tamén do proxecto de animación á lectura que estamos a levar a cabo na aula.
Estamos pegando os materiais na mesma orde que veñen das vosas casas, polo que ás veces pegamos na mesma páxina tres adiviñas, ou dúas cancións e un refrán... así que fixemos unha lenda con gomets, e estamos marcando os materiais para saber que tipo de recurso é cada un. E ademais estamos aproveitando na clase a facer algúnhas poesías, adiviñas, cancións... das que traballamos na aula ó longo do curso.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

2 nov 2007

O NOSO LIBRO VIAXEIRO

Xa sabedes que o Libro Viaxeiro comenzou a súa andanza, e para que sufra o menos posible, viaxa dentro dunha maleta.
Os primeiros días comecei eu contando un pouco como ían as viaxes deste libro e as súas historias, pero dinme conta de que o mellor é que o vexades cos vosos propios ollos. así que, aquí vos vai a
SÚA VIAXE (ata o momento):