18 may. 2008

NOVOS LIBROS VIAXEIROS

Lembrádesvos do Libro Viaxeiro dos Países do mundo? Sí, ese que comezamos a principio de curso, que estaba en branco e foron completándoo as familias, mentres viaxaba a cada unha das súas casas?. Pois agora temos dous novos libros viaxeiros: un no que se recollen cancións, poesías, contos, trabalinguas... que os nen@s foron traendo escritos das súas casas, coa colaboración das súas familias, e que na clase distribuimos seguindo unha lenda, con gomets de cores, segundo o tipo de texto que era: poesía, canción... Este xa comezou a viaxar a semán pasada e xa vai pola cuarta casa.
E esta semana comezará outro, un Libro de Meigas. Tra-la lectura do conto "Las cartas de Horacio y su bruja extrafalaria", nesta semana, fixemos unha serie de actividades sobre meigas, tales coma: debuxar meigas e poñerlles nome, pensar que mascota tería a nosa meiga e debuxala e poñerlle nome (sen poder repetir mascota nin nomes, polo que había que estar atento ó que debuxaban os demáis e ós nomes que dicían), vendo os debuxos das meigas, entre todos dicir características que terían, tanto físicas coma de carácter... estas e outras cousas quedan recollidas no "Libro das Meigas" pero ademáis, nel recollénse xogos, e actividades para que as familias realicen cos nen@s na casa, e que logo vaian viaxando a todas as casas para ir xuntando todas as aportacións. Por exemplo, unha das actividades que haberá que facer será inventar e escribir unha pócima máxica, decorar un sombreiro de bruxa... e outras máis.
Estou limpando ben a vasoira para que volva a voar, e xa comezará a viaxar o libro.
Boa viaxe!!!!!!!

No hay comentarios: