Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

23 nov 2007

O NOSO MAGOSTO

Hoxe celebramos o noso magosto, e "puxémono-las botas" porque estaban boísimas as castañas.
A castañeira oficial, e homenaxeada por todos nós, foi a profe Teresa (da clase do paiaso) e amosounos que se lle dan moi ben os fogóns. Antes de poñernos a comer nomeámola "Raíña das castañas" e fixémoslle entrega dunha banda e unha coroa.
Na entrega de banda e coroa
Na súa tarefa de castañeira.

Logo... fomos a comer!!!!
Pero non pensedes que o magosto só o traballamos hoxe, diso nada!!! Tivemos que facer os nosos petiños para as castañas (cos bricks que nos enviáchedes), o libro das castañas (no que se recolle unha adiviña, unha cantiga, e algunhas curiosidades sobre as castañas), e ata unha viseira por si facía sol (que ó final foi máis ben para abriga-la cabeza, pois o sol non saiu).
E despois da festa , a maquillarse!!!! que vos parecemos?

Preparad@s para baixar ó patio... quen se agocha debaixo dunha viseira azul?
Xa estamos no patio, a que podemos xogar?

Xogades con nós? Imos facer un xogo moi divertido!!!
Aquí estamos list@s para ensinarvos todo: maquillaxe, viseiras, libros da castaña, petiños...
E xa pasou o día do noso magosto!!! ata o ano ven non toca outro.
Por certo, hoxe estivemos a clase do paiaso facendo a viseira cos nosos compañeir@s da clase de Teresa, e pasámolo moi ben!!!

17 nov 2007

AQUÍ ESTAMOS!!!


Baixar ó patio ou subir, en fila e sen correr soe ser unha "misión imposible", pero si se trata de saír tod@s na foto, mirade o ben que nos coordinamos!!!
Estabamos a facer unha excursión polos corredores, polo noso (de 5 anos)e polo de 4 anos. Tiñamos que facer unha ficha sobre os froitos típicos de outono, entón vimos a nosa exposición de froitos, e fomos tamén a ver o mural de froitos dos nen@s de 4 anos, porque aínda que un día probamos as granadas no cole, xa non nos acórdabamos de cómo eran por dentro, e no seu mural as tiñan moi ben representadas.
Ademais, unha vez alí, aproveitamos para ver a mascota que teñen no corredor "un hámster", soamente o puidemos ver un pouquiño pois gústalle moito estar escondido na súa casiña.

16 nov 2007

¿POMBIÑAS DE MILLO?

Hoxe merendamos moitísimo no cole... porque coma estes días estivemos vendo cousas típicas do outono: os animais no bosque nestas datas, as festas, os froitos... e entre os productos que temos na exposición do noso corredor está o millo, pois ás nosas mascotas ocorréuselles que hoxe a aparecería na caixa máxica millo e unhas bolsiñas de pombiñas para que as fixeramos no cole, e así foi.
Polo que, ademais das nosas merendas, tamén degustamos unhas deliciosas pombiñas de millo (penso que seguirá ulindo a elas o colexio toda a fin de semán)porque deixaron un cheiro...

Observando o millo e as bolsiñas...

Esperando a que se fagan... contamos os estoupidos!!

E listas para comer!!!


Preparad@s, list@s, xa!!!! acomer!!!!
E claro está, tamén escribimo-la receita para non olvidarnos (foi moi fácil, pero de paso xa aproveitamos e escribimos un rato)