01-nov-2008

O MEU NOVO BLOG

Agora podedes visitarme no meu novo blog:
http://ratosdeescola.blogspot.com

22-jun-2008

PULPI-LICENCIADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

ÚLTIMA SEMANA DE COLE

Aínda que actualizado tarde, deixóvos aquí algunha información das cousas que fixemos na "última e estresada semán". Última porque xa rematou o curso, e estresada porque a clase dos globos e nós tiñamos que pasar tódalas probas que o Capitán Cara de Pan nos pedía na webquest para poder atopar o tesouro que os piratas inimigos agocharan no cole, entón a présa tivemos que pasar moitas probas: facer un catalexo, facer un gorro, poñer un parche, facer un barco con bandeira pirata, grabar cancións piratas (que van incluidas no noso disco)... efinalmente atopar o tesouro.
Aquí veredes como fomos para a casa despois de atopar o tesouro: co noso parche, o gorro pirata, o catalexo, un carnet co noso nome pirata (e que estaba agochado no tesouro, no medio de moitas moedas de ouro e chocolate, claro).

12-jun-2008

NOVAS PROBAS DA WEBQUEST NO EDI

Ó ter superada a primeira proba que nos mandou o Capitán Pirata na webquest, e que era a de construir o noso propio barco, e que plenamente a superamos tanto nós coma a clase dos globos. Hoxe fomos a buscalos para seguir superando probas.
E temos un par delas para facer, unha é que temos que ensaiar varias cancións piratas que coñecemos para mañá gravalas co micrófono e insertalas no noso disco de "TODO ÉXITOS PULPIS 2007-2008" que pronto sairá ó mercado.
E a outra proba que nos mandou foi que construisemos os nosos catalexos para poder vixiar coma os piratas.

1ª PROBA SUPERADA, XA TEMOS BARCO PIRATA!!!

Mirade o resultado, é un galeón atípico, pola súa forma e sobre todo polos seus materiais, pero nós fixemos o barco tal e como nos propuxo o Capitán Cara de Pan.

10-jun-2008

AUTÉNTICOS PIRATAS

Hoxe, dous dos encargad@s do día, convertéronse en auténticos piratas. Enzo e Claudia, foron a buscar ós nosos compis os Globos para que viñeran a ver unha nova webquest no EDI.
Nela, o Capitán Cara de Pan, mandanos facer unhas probas e investigar cousas sobre os piratas, para que tras pasar tódalas probas, podamos recibir outra mensaxe con pistas sobre onde se agocha o tesouro do cole.
Unha das probas que temos que superar agora é construir o noso propio barco pirata, pero aínda nos queda moito por facer, digamos que aínda está no asteleiro.

05-jun-2008

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe festexamos o día do medio ambiente, facendo a nosa pequena aportación ó coidado de medio, e sobre todo á concienciación da súa importancia.
Falamos na asmblea sobre o tema: que é o medio ambiente? como podemos colaborar á súa conservación e coidado? que pasaría se a basura se amontouse na rúa? que pasaría se non tivésemos árbores? e se non houbese animais? estas foron algunhas das preguntas feitas, e as respostas dadas, recollinas nun documento que hoxe se levaron para a casa, xunto cunha ficha que fixemos.
Pero a nosa aportación non foi só esa de concienciación, senón que seguindo o noso xeito de separar a basura da clase nos contenedores azul, verde e amarelo; convertémonos na PANDA DOS MONSTROS REFUGALLADORES...

E saímos a patrullar polo cole con máis "contenedores" e separamos as basuras doutras aulas, facéndolles ver o que para nós é tan importante.

04-jun-2008

OS NOSOS PRIMEIROS DEBUXOS SOBRE PIRATAS

Onte cada un debuxou o que para el ou ela eran os piratas, e tamén falamos das nosas ideas iniciais sobre o tema.
Despois, escollimos dous dos debuxos máis bonitos (que resultaron ser os que fixeron Iago e Enzo) e fotocopiamolos en branco e negro, en lugar de colorear unha ficha de libro ou de internet fotocopiada, así somos nós os verdadeiros editores das fichas, e cada un os pintou como quixo.
Así quedaron pintados os debuxos:

NOVO CONTO TIC DE VOLTA A SEVILLA

Aqui vos deixamos un novo conto TIC que rematamos, dos que nos mandaron os nosos compañeriso do Proxecto Benclalu.

03-jun-2008

ALGUÉN COÑECE PIRATAS? E CANCIÓNS DE PIRATAS?

Mirade o vídeo, e veredes a un pirata coñecido, logo tentade aprende-la canción.