Hoxe Muna mandounos un sobre que poñía que dentro había unhas personaxes que se escaparan dos contos. Vímolos, e entre todos dixemos de que conto se escaparan, e pensamos algúns contos máis... pois Muna pideunos que fixéramos un libro con eles.
O primeiro foi pinta-las personaxes, logo pegalas nun libro (feito con cartolinas) e despois facer unhas tarxetas cos nomes dos contos. Logo, con velcro pegamos as tarxetas (previamente plastificadas) no lugar correspondente. E xa temos un libro para ler e para xogar, pois teremos todas as tarxetas nun sobre, na parte de atrás do "libro" e teremos que tentar ler e poñer cada tarxeta co nome do conto no lugar correspondente, é dicir na páxina na que están pegadas as personaxes dos contos.
¿Gustouvos a idea de Muna?
26 feb 2008
O LIBRO DAS PERSONAXES QUE SE ESCAPAN DOS CONTOS
Publicado por
Bea
en
martes, febrero 26, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ANIMACIÓN Á LECTURA, FEBREIRO, proxectos
MOMENTOS DE LECTURA
Ás veces precisamos ler sós, porque estamos máis tranquil@s e concentrad@s, pero... por que non íamos ler tamén en compaña? pois aquí podedes ver un deses momentos nos que lemos acompañad@s, o que nos permite que cada un sexa capaz de ler, só ou coa axuda dos compañeiro@s... e non nos enganemos, ás veces lemos de verdade, e outras inventamos o texto mirando os debuxos (somos un pelín trampos@s), pero para solucionalo están os momentos de lectura " coa profe", que non nos pasa nin unha!!!!
Publicado por
Bea
en
martes, febrero 26, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ANIMACIÓN Á LECTURA, FEBREIRO
25 feb 2008
APRENDEMOS A CONTAR, CONTANDO... ¿E A SUMAR? POIS SUMANDO
Hai algúns días que estamos facendo na clase sumas, pero como aínda nos costa un pouquiño... estamos aprendendo a sumar xogando, e así é máis divertido, e tamén máis fácil!!
Para iso temos uns botóns cos que transformamos as fichas en paneis de xogo, onde cada número o hai que representar con botóns de diferentes cores, e así... unha vez que fixemos a representación númerica, só queda SUMAR!! é facilísimo!!!
Publicado por
Bea
en
lunes, febrero 25, 2008
0
comentarios
Etiquetas: FEBREIRO, LÓXICA-MATEMÁTICA
23 feb 2008
O DOSSIER DO PROXECTO DOS DINOSAUROS
Rematamos a nosa investigación sobre os dinosauros, e xa levamos o dossier para a casa. Aquí amosámosvos como foi, aínda que tamén temos un dossier de aula que ten fotos, actividades en forma de xogos, materiais significativos (os 12 m. de lá que utilizamos para medir a lonxitude dun dinoaurio concreto no corredor, os bloc que fixemos cos pesos dos dinosauros, os debuxos que fixemos ó principio e ó final do proxecto....) Este dossier convertirase tamén en libro viaxeiro, para que os nenos/as vos podan explicar o que aprenderon, e para que xoguedes con eles (seguro que tamén aprendedes cousas).
BubbleShare: Share photos - green toy news
Publicado por
Bea
en
sábado, febrero 23, 2008
0
comentarios
Etiquetas: DINOSAURIOS, FEBREIRO, proxectos
20 feb 2008
PANEL DE COÑECEMENTOS DOS DINOSAUROS
Agora que xa estamos ultimando o noso libro dos dinosauros, ímosvos ensinar o panel que fixemos hoxe, co que recordamos algunhas das cousas que aprendemos no proxecto.
Muna deixounos na Caixa Máxica unhas fotos sobre ovos, pero non ovos de galiña, senón de dinosauros... eran grandísimos, e vimos como saían os dinosaurios deles, e mesmo, como están dentro do ovo (tipo raios X). Vímolas, falamos delas, vimos unha na que se comparaba o tamaño dos ovos de galiña, os de avestruz e os de dinosaurio. E tamén falamos sobre os fósiles, a extinción dos dinosauros, a importancia dos paleontólogos no descubrimento das cousas dos dinosaurios... e algunas desas cousas, pódense ver no panel.




Publicado por
Bea
en
miércoles, febrero 20, 2008
0
comentarios
Etiquetas: DINOSAURIOS, FEBREIRO, proxectos
14 feb 2008
ARTE E MÁIS ARTE
Fixemos un obradoiro de arte, e en cada recuncho tiñamos que transformar unha parte da obra de Picasso "El niño de la paloma", nun fermoso cadro, feito creativamente por cada un de nós, e utilizando distintas técnicas (dactilopintura, pintado con ceras brandas, estampando ou con acuarelas). Como veredes, o resultado é moi bo.
Publicado por
Bea
en
jueves, febrero 14, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ARTE, FEBREIRO, proxectos, SOMOS ARTISTAS
MERENDA DE PICNIC
Hoxe merendamos coma se estivesemos de picnic, nas alfombras, pois tiñamos as mesas ocupadas co material dun obradoiro de arte e plástica, así que... mirade como nos fomos ó campo a merendar.
Fixástesvos na mesa do equipo da alfombra laranxa? Era a mochila - maleta de Catarina, pero eles pensaron que podería servir tamén como mesa... que vos parece a vós?
Publicado por
Bea
en
jueves, febrero 14, 2008
0
comentarios
Etiquetas: FEBREIRO
12 feb 2008
COÑECEMOS A ARTE, E OS ARTISTAS
Hoxe falamos un pouquiño sobre a arte ¿que é? ¿quen é un artista? e cada neno/a deu a súa opinión que eu apuntei nun papel, para captar como o debate se ía formando, e como as primeiras ideas ían evolucionando.
E en xeral tiñan claro que a arte e os artistas tiñan que ver co feito de pintar... aínda que posteriomente vimos como tamén se podía referir á escultura, á arquitectura, ó baile, á música...
Fixemos unha actividade para pensar e xogar a ler a pintura, cunha obra de Vassily Kandinsky.
Primeiro viron só un anaquiño da obra e imaxinaron e dixeron que podía ser, logo un anaquiño máis grande, e seguimos o mesmo proceso (entretanto eu apuntaba tódalas ideas que foran dando) : que eran unha farola, unhas flores no campo, unhas estrelas, unha boneca, un avión, un planeta, un país... e finalmente vimos a obra, e para a nosa sorpresa, ningún acertara, pois era un tren.
E logo tentamos transformar a obra, dándolle o noso toque persoal pero mantendo o obxecto principal do cadro, que era o tren. Para iso, recortei o tren e pegueino nun folio, e sobre a fotocopia desa composición, surxiron as obras que poderedes ver nas fotos.
¿Que vos parecen?
Publicado por
Bea
en
martes, febrero 12, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ARTE, FEBREIRO, proxectos, SOMOS ARTISTAS
CONTOS E MÁIS CONTOS
Seguimos inventando un montón de contos, e agora estamos a aprender novas técncias para crear unhas incribles historias, e sempre cooperativamente.
Neste caso, na caixa máxica apareceron unhas fermosas caixiñas cheas de tarxetas: nuncha caixa había tarxetas laranxas (que eran distintos principios de contos), tarxetas axuis claras (que eran lugares), tarxetas azuis escuras (que eran personaxes e obxectos) e tarxetas amarelas (que eran finais de contos).
Vímolas e límolas todas, e logo fixemos dous equipos, e en cada un, uns encargad@s colleron unha tarxeta de cada cor, e con elas tivemos que inventa-los contos.
sairon unhas historias ben distintas entre os dous equipos.
Pronto poderedes ver as nosas historias, pois estamos a facer un libro.
Publicado por
Bea
en
martes, febrero 12, 2008
0
comentarios
Etiquetas: ANIMACIÓN Á LECTURA, FEBREIRO














