26 feb 2008

O LIBRO DAS PERSONAXES QUE SE ESCAPAN DOS CONTOS

Hoxe Muna mandounos un sobre que poñía que dentro había unhas personaxes que se escaparan dos contos. Vímolos, e entre todos dixemos de que conto se escaparan, e pensamos algúns contos máis... pois Muna pideunos que fixéramos un libro con eles.
O primeiro foi pinta-las personaxes, logo pegalas nun libro (feito con cartolinas) e despois facer unhas tarxetas cos nomes dos contos. Logo, con velcro pegamos as tarxetas (previamente plastificadas) no lugar correspondente. E xa temos un libro para ler e para xogar, pois teremos todas as tarxetas nun sobre, na parte de atrás do "libro" e teremos que tentar ler e poñer cada tarxeta co nome do conto no lugar correspondente, é dicir na páxina na que están pegadas as personaxes dos contos.
¿Gustouvos a idea de Muna?

No hay comentarios: