Mostrando entradas con la etiqueta LÓXICA-MATEMÁTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LÓXICA-MATEMÁTICA. Mostrar todas las entradas

25 feb 2008

APRENDEMOS A CONTAR, CONTANDO... ¿E A SUMAR? POIS SUMANDO

Hai algúns días que estamos facendo na clase sumas, pero como aínda nos costa un pouquiño... estamos aprendendo a sumar xogando, e así é máis divertido, e tamén máis fácil!!
Para iso temos uns botóns cos que transformamos as fichas en paneis de xogo, onde cada número o hai que representar con botóns de diferentes cores, e así... unha vez que fixemos a representación númerica, só queda SUMAR!! é facilísimo!!!

14 ene 2008

DINOSAUROS DE 12 METROS... ¿CANTO É ISO?

Hoxe tivemos a axuda de Muna (a nosa mascota) para seguir aprendendo cousas dos dinosauros, xa que nos deixou na Caixa Máxica unhas fichas de dinosauros coas súas fotos e unhas breves descripcións. Falamos dos que eran hervíboros e carnívoros, dos que tiñan pinchos ou placas, miramos cales tiñan a cola máis curta ou máis longa... e os nomes, como son tan difíciles, pois so nos quedamos có do diplodocus, o velociraptor e o tiranosauro rex (porque algúns xa os coñecían).
E Claudia tamén nos trouxo unhas cousas sacadas de internet sobre os dinosauros, eu lin o que poñía... e resultou falar dun dinosaurio que media 12 metros de lonxitude, o que aproveitamos para facer matemáticas "pensando".
Quixemos ver canto serían 12 metros, e entre todos puxéronse a pensar que precisábamos para poder calcula-lo. Pronto saíu que necesitabamos un metro, que non tíñamos, pero sí unha regra grande (a do encerado). E que máis poderíamos utilizar para medir? (dixeron o teito, a parede, a chan...e tamén un fío, ou a nosa tea de araña, feita con la). Isto foi o que utilizamos a regra, e lá.
Podedes ver na presentación de imaxes como resultou todo o proceso, e o grande que sería un dinosaurio de 12 metros...
Despois contamos cantos pasos dabamos nos 12 metros, por parellas, e comparamos ¿quen deu máis pasos? ¿quen deu menos? e chegamos a conclusión de que non era unha competición, senón que dependía do longo das nosas pernas.
Todos fixeron entre 16 e 23 pasos.
Eu fixen 10.
E un dinosauro? seguramente só 3 ou 4 pasos. Todo dependendo do tamaño das nosas pernas, ou das súas patas.

22 nov 2007

CONTAMOS ATA 100

Hoxe fixemos moitísmas cousas, foi un día deses "de moito axetreo", e entre tantas cousas contamos ata 100, e aprendimos algúns trucos para localizar facilmente os números no noso taboleiro. Para iso puxémoslle a cada fila un gomet, e así sabemos que os números que empezan por 4 están na fila do gomet da pelota, os do 1 están na fila do gomet do sol...