29 may 2008

A MAMÁ DE ENZO CONTOUNOS UN CONTO E ALGUNHAS FÁBULAS

Hoxe foi a nai de Enzo a que nos veu contar contos. Contounos primeiro o de "El ciempiés bailarín" e logo algunhas fábulas, desas de animais, que tras de sí levan unha ensinanza. Sabedes cales son, verdade?
Pois tra-la súa lectura, tivemos que facer algo, pois sempre despois dalgún conto temos que realizar unha actividade, pois cada conto nos permite traballar moi diferentes aspectos.
Este, o do "cempés bailarín" deu pé a que traballemos as matemáticas, e máis concretamente o conteo e a numeración (ata o 100), os pares e impares...
O primeiro que fixemos foi debuxar o cempés, cada un ó seu xeito, e cun número de patas máis ben aproximado, que non exacto. Pero como non me conformaba con iso de facer as patas "máis ou menos" a ollo, pois decidín que lle tiñamos que facer zapatos a un cempés, así que, puxémonos mans á obra e comezamos a pintar con rotuladores zapatos (había dous en cada ficha) pero unha vez que rematabámos de pintar dous, e collíamos outro par de zapatos para decorar, víamos que o montón de fotocopias seguía sendo grande, así que... decidimos pedir colaboración ós nosos compis de 4 anos (a clase dos globos) e eles tamén están decorando zapatos.
O luns, veremos cantas patas realmente ten un cempés, posto que teremos que numerar os zapatos ata chegar ó seu número de pés.
Que vos parece a idea?

2 comentarios:

Ana dijo...

Os globos estamos moi contentos coa idea aínda que moi confundidos co número de pés que terá un cempés:8, 40, 50.000.... moitas ideas!!! Acertaremos con algunha!?!?!

Anónimo dijo...

seguro que o luns chegamos ó número de patas correcto. Xa vos iremos buscar para ver cal é a resposta correcta.
grazas por axudarnos, porque senón... non daríamos rematado.