16 nov. 2007

¿POMBIÑAS DE MILLO?

Hoxe merendamos moitísimo no cole... porque coma estes días estivemos vendo cousas típicas do outono: os animais no bosque nestas datas, as festas, os froitos... e entre os productos que temos na exposición do noso corredor está o millo, pois ás nosas mascotas ocorréuselles que hoxe a aparecería na caixa máxica millo e unhas bolsiñas de pombiñas para que as fixeramos no cole, e así foi.
Polo que, ademais das nosas merendas, tamén degustamos unhas deliciosas pombiñas de millo (penso que seguirá ulindo a elas o colexio toda a fin de semán)porque deixaron un cheiro...

Observando o millo e as bolsiñas...

Esperando a que se fagan... contamos os estoupidos!!

E listas para comer!!!


Preparad@s, list@s, xa!!!! acomer!!!!
E claro está, tamén escribimo-la receita para non olvidarnos (foi moi fácil, pero de paso xa aproveitamos e escribimos un rato)


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola son Alicia a irmá de Claudia.Un bico para tódolos pulpis e para a mestra Bea.Se podes colga unha foto de Claudia cas tartarugas.Temos dúas na casa,que teñen 11 anos, e lle faría ilusión.
Un bico para todos e felices pulpi-soños.
Alicia

Bea dijo...

A única foto de Claudia coas tartarugas é a que xa está posta no blog, pero si sacamos máis, a poreina no sitio da que xa está agora. vale?? moitas grazas por visitarnos!!