15 nov 2007

A TEA DE ARAÑA DE FALAR SEN PARAR...

Estabamos na asamblea tranquilamente, e cando tocaba mirar se había algo na caixa Máxica, alí apareceu un ovillo de lá. ¿Para que sería? Tiñamos un certo problema para acatar as normas da asamblea á hora de falar, de escoitar ós demais e de respeta-las quendas de palabra... e a lá, fixo que xa saibamos escoitar, esperar a nosa quenda e falar (despois de pensar!!!!, pois ás veces falabamos sen ter en conta o que estaban a dicir os compañeiros/as e metíamonos na conversación sen ter moito senso).
Agora nas asambleas xogamos a facer teas de araña que se van tecendo de distintas formas segundo os nenos/as van pedindo a súa quenda para falar. É moi divertido ¿Probáchedelo algunha vez?



No hay comentarios: