20 feb 2008

O LIBRO DE POESÍAS, CANCIÓNS, ADIVIÑAS... PRONTO COMEZARÁ A SER UN LIBRO VIAXEIRO

Pois sí, xa temos algunhas adiviñas, contos, poesías, refráns, cancións... e estamos a montalas nun libro, ó que pouco a pouco se lle están a encher as páxinas.
Precisamos seguir traendo máis para rematalo pronto, e logo, convertirase nun libro viaxeiro (coma o dos países) o que pasa e que este só viaxará para que todas as familias podades ver o resultado do traballo que facedes nas casas axudándo ós nenos e nenas nesta tarefa de recopilación de recursos orais ( e invención de contos)... que forma parte tamén do proxecto de animación á lectura que estamos a levar a cabo na aula.
Estamos pegando os materiais na mesma orde que veñen das vosas casas, polo que ás veces pegamos na mesma páxina tres adiviñas, ou dúas cancións e un refrán... así que fixemos unha lenda con gomets, e estamos marcando os materiais para saber que tipo de recurso é cada un. E ademais estamos aproveitando na clase a facer algúnhas poesías, adiviñas, cancións... das que traballamos na aula ó longo do curso.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

No hay comentarios: