15 mar 2008

VOLTAMOS A XOGAR COA ARTE

Outra vez, quixemos achegarnos un pouquiño máis ó mundo da arte, e tamén ó mundo da Prehistoria.
Na Caixa Máxica apareceron un montón de materiais que nos recordaban todo o aprendido ata o momento. Había imaxes de diferentes covas, nas que vivían os cavernícolas, e tamén imaxes da decoración das mesmas (que eran pinturas rupestres, ou ben de animais ou de escenas de cacería), e como non, imaxes dun grande inimigo dos cavernícolas: o tigre dentes de sable.
Con elas recordamos datos, situamos o conto co que iniciamos o proxecto nunha cova concreta, sabendo realmente como son, e vimos exemplos de decoracións nas covas, que logo precisaríamos para decorar a nosa.
Mais na Caixa Máxica había tamén unhas caixiñas cheas de cuadros miniaturas de pintores famosos e que se repetían duas veces.
Con elas vimos que diferente era a primeira pintura realizada nas covas, respeito a pintura moderna, pero é que os cavernícolas non tiñan nin pinturas coma as de agora, entón... tiña que ser ben diferente!!! E tampouco tiñan tendas para ir a mercar un lenzo, nin un cabalete...
Con estas tarxetas traballamos tamén sobre os distintos tipos de cadros que nós, coma os pintor@s famos@s, poderíamos facer: retratos, paisaxes, bodegóns... e todo a modo de xogo.
Primeiro repartimos tódalas tarxetas dos cadros polas mesas, e tiñan que ir buscando parellas de cadros. Logo, fomos á asamblea e tentamos adiviñar cales serían retratos, cales paisaxes, e ata imaxinamos que poderían representar algúns máis abstractos.

Máis tarde tentaríamos facer arte prehistórica, pintando con sanguinas un bisontes...
E tamén deixamos a nosa sinatura na cova, estampando as mans, xa que na prehistoria non escribían para face-la sinatura, aínda non aprenderan .
Pero...isto non foi o único, tamén vimos cales eran as armas prehistóricas que utilizaban para cazar, que claro está, estaban feitas con pedras e madeira:

E reflictimos todo o aprendido nas fichas do noso dossier da prehistoria.

No hay comentarios: