29 abr 2008

NESTES DÍAS SEGUIMOS TRABALLANDO A ARTE

Xa hai tempo que comezamos a coñecer algunhas obras de arte, fixemos reproduccións artísticas con elas, fixemos xogos (os memorys das obras de arte), fixemos esculturas (de plastilina)...E agora estamos coñecendo moitístimas obras artísticas, tanto de pintura como de escultura e arquitectura... e a moitísimos pintores (tanto estranxeiros coma galegos) e estamos aproveitando para facer un libriño de arte no que imos recollendo todo o que aprendemos.
O venres pasado, Muna deixounos na caixa Máxica un cuadro de Picasso, sí sí, un verdadeiro cadro de Picasso , o da "Rapaza ante o espello" e nós tivemos que facerlle unha copia, pintandoo cos mesmos colores que utilizou o pintor. Non saberíades cal é a verdadeira obra, do ben que o fixeron!!!
Onte na porta da nosa clase puxen un montón de paneis con obras de arte distribuidas de diferentes formas: por tipo de obra (pintura, escultura, arquitectura), por autores (Miró, Picasso, Lugrís, Seoane, Kandinsky; Sorolla, Botero, Van Gogh...), por tipos de pinturas (cadros de paisaxes, bodegóns, retratos...)
Con eles os nenos/as deberán ir facendo o libriño de arte, e cando teñan dúbidas sobre algunha obra, só teñen que asegurarse na porta de que un obra determinada pertence ó estilo ou autor que eles pensan.

No hay comentarios: