12 abr 2008

NOVO CADERNIÑO DE ESCRITURA

Con permiso da profe Teresa, copiamoslle a idea de escribir o noso propio cuaderniño de palabras e de frases (en maiúscula e en minúscula). Así que, agora además de ter que traballar nas fichas dos libros que xa tiñamos, nos nosos proxectos, no encerado dixital,no ordenador... tamén seremos escritor@s. E a finais de curso, sairán publicados os nosos primeiros libriños.
Só teñen 15 páxinas, pero claro, están en branco, e temos que escribilas todiñas, e debuxar as palabras que escribimos ou as frases, así que, aínda nos queda un longo camiño ata rematalos.
O primeiro que tivemos que facer foi decorar a portada, e cada un obtou polo que máis lle gustaba debuxar, aquí tendes as imaxes de como quedaron.

No hay comentarios: