25 oct 2007

AS RUTINAS DA AULA

Para ter unha concepción espacio-temporal cada vez máis axustada, facemos uso das rutinas. Son cousas que facemos día tras día, para pouco a pouco anticiparnos ó que vai vir, e tamén para comprender algunhas cousas, para o cal temos que estar moi atentos e aprender a observar.
o primeiro que facemos, despois de poñe-lo mandilón e gardar a bolsiña da merenda, é saudarnos cunha canción e un grande abrazo de grupo.
E despois para facernos cada vez máis responsables, compartimos tarefas, e temos tres encargados/as de clase: o encargad@das Rutinas da pizarra (quen será o director@ de orquestra para cantar a canción dos días da semana, pasará lista contando cantos estamos na clase e cantos non, porá a data no calendario, mirará a temperatura e o tempo atmosférico, situará o reloxo das estacións na posición correspondente, recordaranos as normas da clase...), o encargad@ dos Materiais (repartirá as bandexas de lapis, cores, as fichas...) e o encargad@ da Natureza(terá que regar as plantas que temos na clase, comprobar que os materiais se reciclan correctamente nos 3 recipientes que temos, e vixiará na aula e no patio que se tiren as cousas á papeleira e non ó chan).

ALGÚNS ENCARGAD@S FACENDO AS SÚAS TAREFAS:



VIDEO:
As normas da aula
VIDEO:
Canción dos bos días.

No hay comentarios: