31 mar 2008

PRIMEIROS SEMENTEIROS DE PLANTAS AROMÁTICAS

Hoxe, antes de ir á Biblioteca Municipal de Arteixo, a unha sesión de contacontos... fixemos os primeiros sementeiros de plantas aromáticas para o noso invernadoiro.
Plantamos perexil común e máis anano, lavanda, eneldo, cilantro... E mañá seguiremos sementando flores, e comprobando como segur o proceso das nosas legumes, que aínda non parecen amosar ningunha transformación, pero moi pronto cambiarán.
O primeiro que fixemos antes de poñernos a facer os sementeiros, foi pensar en que precisan as plantas para poder vivir, e sen dubidar rapidamente dixeron: auga, terra, sol... e a que máis costou foi o aire. E como tiñamos todo iso, e ademais tiñamos terra e sementes, comezamos a facer pequenas sementeiras que logo teremos que ter ben marcadas cos nomes e caracteristicas básicas de cada planta: para que serven...

No hay comentarios: