28 mar 2008

O XOGO DAS PALABRAS SECRETAS

Onte fixemos un xogo de palabras secretas. Cada un tiña que facer un libriño dobrando un folio en dúas partes, e nunha delas facer unha división da folla en catro partes. Logo, cada un tiña que debuxar en cada unha das catro partes do folio unha cousa calquera, o que quixese, pero sen que ninguén vise o que debuxaba.
Logo, cos seus libriños pechados, fomos todos á alfombra da asamblea, e comezou un neno a dar pistas sobre un dos seus debuxos, para que os compañeir@s o adiviñasen. Logo o que adiviñaba saía a dar unha pista dun dos debuxos e así ata que todos sairon.
Pásamolo moi ben, e houbo algunhas pistas moi curiosas como: "si se abre se ve negro" "y a veces Bea se asoma"(unha fiestra), "puede ser blanco si está preparao" (o volante dun coche "tunning"), "tienen pelos" (unha familia)...

No hay comentarios: