10 ene 2008

CONTAMOS CONTOS

No cole contáronse moitos contos no que vai de curso, e nunca volos ensinamos, así que aproveito tamén a ocasión para ensinarvos un contiño: o de ELMER, un elefante de cores.
Logo veredes tamén a actividade de plástica que fixemos pintando un elefante con ceras de cores molladas en auga e azucre, e que posteriormente lles botamos laca (do cabelo) para fixar a tiza.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os debuxos non sairon todo o brillantes que esperabamos (por iso lles botamos auga e azucre) pero tentaremos repetir a experiencia a ver si conseguimos que nos quede tan ben como aparece nos libros esta técnica.