14 nov 2007

CADA VEZ SOMOS MÁIS!!!

Cando empezou o curso éramos moi pouquiños e na primeira semana xa se incorporaron novos compañeiros/as, hai ben pouco tamén chegou Iago (que viña de Lugo) e hoxe veu Catarina dende Portugal.
BENVIDA!!!
Esta visto que a clase dos Pulpis seguirá tendo unha unión especial coa diversidade cultural e cos diferentes países do mundo, pois estará no día a día ter que ubicarnos a nós, e ó lugar de procedencia dos nosos "compis".
Seguimos esperando tamén se veñen Tiago (Portugal) e Yalissa (Cabo Verde)que foron xa compañeiros/as dalgúns Pulpis (dos que o ano pasado estaban na clase de Ana).
Cando rematemos o curso ó mellor lle tendes que preguntar ós nenos/as en donde quedan os países, porque seguro que xa terán unha gran facilidade para atopalos nos mapas.
Xa sabemos onde estamos ubicados os países de Europa das nosas nacionalidades, pronto situaremos as dos outros continentes.

No hay comentarios: