27 nov 2007

TEATRO

Temos un teatriño na aula con marionetas, e... ¡¡¡ ás veces facemos teatro!!! Non pensedes que traballamos grandes obras, non!!! de momento o que facemos é familiarizarnos coa estructura do teatro e coas marionetas, e hoxe ata nos puxemos de público para ver as "obras" que os compañeir@s facían (por parellas). O certo é que digo "obras" por dicir algo, pois de momento o contido era simplemente presentarse e dicir: HOOOLAAAAAA!!! e pouco máis, pero facíanos moita gracia sacar a cabeza polo medio das cortinas, e que os demais nos visen como verdader@s actores e actrices. Pouco a pouco avanzaremos e chegaremos a facer obriñas de verdade, ¡xa o veredes! de momento, mirade o que fixemos hoxe...


No hay comentarios: