5 dic 2007

PROXECTO DE ANIMACIÓN Á LECTURA e NOVAS TECNOLOXÍAS

Os Pulpis ó longo deste trimestre que está a piques de rematar traballamos moito coa biblioteca de aula: creámola (traendo libros da nosa casa), fixemos uns carnets (para poder utilizala correctamente), facemos préstamos de biblioteca nas fins de semana (que conleva a realización dunha ficha de seguimento dos libros lidos)... estamos a elaborar o Libro Viaxeiro (dos países do mundo)... e tamén fixemos algunhas actividades con contos, e moitas outras arredor doutros tipos de libros (como poden ser os atlas), pero agora meterémos de cheo nun grande Proxecto de animación á lectura ("Contamos con contos")pois faremos intercambios con outros colexios.
En principio faremos o intercambio con tres colexios (con dous facendo contos escritos que eles rematarán, e nós remataremos os contos comezados por eles, e que nos enviaremos por correo postal - cun colexio de Cambre e outro de Paiosaco-; e co outro elaboraremos os contos no ordenador, e llos enviaremos ó outro colexio por correo electrónico para que os complete, ó mesmo tempo nós remataremos os contos que eles comezaron - este colexio é de Sevilla-).
E para poñernos en contacto cós colexios de cambre e Paiosaco, o que fixemos foi propoñerlles a actividade por medio de cartas postais, e así foi como fixemos...

Ademais, un día á semana o adicaremos a traballar cun conto determinado, e a facer diversas actividades ó redor del. Iremosvos amosando as novidades que teñamos ó respecto.
Ademais vouvos adiantando que imos comezar outro Libro Viaxeiro, o das "Cancións, poesías e Contos" de familia, no que en cada viaxe, deberánselle escribir cancións, contos ou poesías... e, como non! decoralo moi, moi bonito. Neste caso deixaremos traballar á nosa creatividade e introduciremos as técnicas plásticas que se nos acorden, pegaremos fotos... todo sempre para axudar ó nen@ a realiza-la tarefa, e a sentirse "protagonista", e concretamente neste caso, desa páxina do Libro.

No hay comentarios: