4 dic 2007

OS AMIG@S SECRETOS

Ó chegar á clase atopámonos unha chea de caixas de zapatos amontoadas, de quen serían? quen as deixaría alí? por que? todas eran preguntas, ás que ó principio non tiñamos resposta (claro), por iso tivemos que poñer a funcionar a nosa cabeciña, dunha forma moi peculiar, "conectándoa" para ser moi creativos e poder dar múltiples respostas ás nosas preguntas, argumentando así as nosas hipótesis.
Rapidamente todos dixeron que fora Muna (a nosa mascota) que as deixara alí, e que dentro había... en principio só zapatos, logo, despois de conectarnos para pensar, saíu de tdo: que podería haber agasaios, unha tortuga, un peixe, unha pizarra para apuntar os nen@s que se portan mal para que os reis non lle traian nada nin papa noel, unha boneca, un carriño...
Pero a resposta a todo estaba na caixa máxica, alí poñía que as caixas foran enviadas por un amigo secreto que nos propoñía xogar a ese xogo tan divertido "Ós amig@s secret@s", para o cal necesitabamos coller cada un unha das caixas e decorala para que se convirta na nosa caixa dos tesouros, a caixa na que os noso amigos secretos nos deixarán os agasaios.
Dentro das caixas non había nada, encherase de cousas cando os amig@s secretos comecen a xogar. Para saber quen é amig@ secret@ de quen, tivemos que escribir os nosos nomes nun papal, logo metelos nunha caixa, e sacar un. Os pulpis non saben a quen lle terán que regalar, só eu (a profe) o sei, porque o teño apuntado, e serie a encargada de meter as sorpresas nas caixas, porque senón... rapidamente se acabaría o xogo (canto lles duraría o secredo?).


No hay comentarios: