5 dic 2007

A CAIXA MÁXICA DE CATARINA

Todas, todas as caixas viñeron decoradas no prazo fixado, e con técnicas moi diversas (tal como nos pedía o noso amigo secreto na nota), por iso estou moi contenta, e quero darvos as grazas.
No momento de velas todas levei unha doble sorpresa, porque ademais de ser todas moi bonitas, unha deume moitísimo xogo, pois tiña pensado facer un xogo cunha caixiña pequena que dentro tiña un espello (para ver si eran capaces de verse nel, pasando a caixiña de un/unha ó outro/a, sin dicir nada), e a caixa de Catarina permitíame facer o xogo aproveitando xa a súa caixa, pois ten a tapa forrada cun papel de prata brillante no que se ven reflictidas as caras.
Observade o que pasou!!!! Eu pensei que non serían capaces de ver a caixa e estar caladiños gardando o segredo, pero para a miña sorpresa... SON MOI, MOI, MOI CAPACES!!!!

No hay comentarios: