14 may 2008

OUTRO CONTO CON MIMO A MAR DE DIVERTIDO

Hoxe a que nos visitou foi Mari Carmen, a nai de Rubén, e veu a contarnos un conto que ninguén coñecía:"Las cartas de Horacio", un conto que falaba dunha meiga extrafalaria pero moi boa que quería ser princesa, e un gato.


Pasámolo moi ben escoitando a historia...

E despois cada un tivo que debuxar unha meiga e inventarlle un nome segundo a letra que lle tocara, pois no folio amarelo no que as debuxaron había pegada unha letra (diferente a cada un) e tiñan que inventar un nome que comezase por esa letra.

Mirade que ocurrencias de nomes!!! E... a ver quen adiviña cal foi a meiga que debuxou a nai de Rubén!!

No hay comentarios: