22 may 2008

OUTRA VISITA CONTACONTOS

Hoxe veu outra Bea ó cole, non era eu, era a mamá de Gustavo, que veu cargadiña de cousas para que pasasemos un bo rato de lectura.
Leunos o conto de "Vamos a cazar un oso" e tamén o de "Little Einsteins: noches galácticas". Gustáronnos moito os dous, pero pode que o segundo máis porque viña con elementos máxicos: un planetario que xiraba á redor dun sol que alumeaba na escuridade, e tamén unha cámara fotográfica incorporada no conto, no que puidemos ver as fotos que os Pequenos Einsteins sacaran nos distintos planetas que visitaron.

No hay comentarios: