8 may 2008

ALGÚNS AGASAIOS PARA VÓS

Hoxe quixemos ver a peli de Miliki que trouxera Lucía á clase, porque nestes días pasados, tan atarefad@s coma estivemos, nin tempo tivemos para vela. Pero, non nos funcionaba o audio, entón vimos os vídeos das cancións que traía a súa peli directamente dende internet.
A tod@s lles encantaron as cancións, esas de toda a vida coas que os nen@s están identificados: "Hola don Pepito, La Gallina Turuleca, El auto de papá"... esta última foi a que máis lles gustou, aínda que cando viron o vídeo (en branco en negro)dixeron "PROFE, ESTA CANCIÓN ES DE LOS AÑOS 60 " (palabras textuais).
Deixámosvos aquí algúns dos vídeos para que na casa cantades tamén, o da galiña Turuleca xa o puxemos no blogue hai uns días, así que téndelo máis abaixo.



No hay comentarios: