29 abr 2008

ADIVIÑA... que será?


Hoxe montamos un mural-xogo de adiviñas no corredor, que elaboramos entre todos os pulpis, e no que tamén participaron os nenos e nenas da clase do paiaso.
Como podedes ver na foto, de cada caixa colgan unhas tarxetas: da da esquerda colgan os textos de diferentes adiviñas, e da caixa da dereita colgan os debuxos e palabras respostas a ditas adiviñas.
O xogo consiste en coller unha tarxeta da primeira caixa, le-lo texto, e logo tentar atopar a resposta na outra caixa. Podese xogar ata ter todas adiviñadas, para iso, as que se van adiviñando vánse metendo na caixa, e así ata ó final.

No hay comentarios: