1 mar. 2008

OS NOSOS CONTOS VIAXAN POLO MUNDO

Como xa vos comentara estamos cun proxecto de animación á lecturoescritura no que xogamos con contos, e inventamos moitos con distintas técnicas. Ademais estamos compartindo experiencias con outros coles, entre eles, uns de Sevilla, no que traballamos coas TIC.
Aquí poderedes ver un dos contos que inventamos e que fixemos en power point para enviar ós nosos compañeir@s andaluces, esperamos que vos guste.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Bea, quero darche a noraboa pola imaxinación que tes,polas cousas que lles ensinas ós nenos e tamén polo conto que fixestes que está fenomenal.
Estou abraiada de todo o teu esforzo, o tempo que perdes de estar coa túa familia, e lle dedicas ó blog, é de agradecer. Realmente parecesme unha moi boa profesional,no teu traballo. Ensinaslles cousiñas moi bonitas.
Están simpatiquísimos nos videos, vexo que tes moi bós escultores e que fan moi ben de estátuas. Un biquiño. Mary

Bea dijo...

Moitas grazas Mary!! é pra min un pracer amosar o traballo de aula ó exterior, pois ás veces non nos podemos imaxinar o que realmente son capaces de facer os nen@s de infantil!!! tendemos a limitalos moito pensando que como son pequeniñ@s!! pero os nen@s de infantil teñen moita máis imaxinación e gañas de aprender que un alumn@ da Universidade, e iso hai que aproveitalo.
Grazas outra vez por colaborar nos nosos blogs!!!

Anónimo dijo...

Estou totamente dacordo contigo, en que teñen moita imaxinación e gañas de aprender.
Tamén aprenden moi axiña as cousas e quédanlles na cabeza, pero de tolos xeitos, tamén hai que saber motivalos e ensinalos e non todos temos ideas como as tes tí.
Para min é un pracer participar nos vosos blogs, pois pareceme un traballo estupendo e ademáis gustame moito velos.
Oxalá tivésedes máis participación,pois realmente a merecedes e, é a única maneira que temos os pais, de agradecervos todo este traballo, participando.Saúdiños. Mary

ANA dijo...

Pero que super-conto máis "guay".
Estou alucinada do ben que inventan contos estes pulpis!! Sodes uns artistas!!
Moitos biquiños para todos.