29 ene 2008

VOLVEMOS Á PREHISTORIA

Pois sí, un conto levounos ata a prehistoria, e como queremos saber máis cousas desa época (sobre todo da Idade de Pedra) e queremos comprobar de verdade como vivían, onde, que cazaban, como decoraban as covas... comezamos coa construcción da nosa propia cova, que é a nosa clase.
Logo teremos que pensar as palabras máxicas para poder entrar nela, e decoraremos as paredes da clase, tentaremos reconstruir ferramentas da súa época... pero de momento, mirade o que traballamos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola son a nai de Sara. Vexo que Os Pulpis están moi interesados nos dinosaurios e na prehistoria, pero no caso de Sara, a súa preocupación é o futuro, porque xa leva varios días coa mesma pregunta: que vai a haber cando non existamos nós?
Boa pregunta...

Anónimo dijo...

Moi, moi, moi boa pregunta!!!
a tod@s nos gustaría sabelo, ou non?
Debeu de surxile a dúbida ó ver que cando había dinosaurios non había persoas... agora xa non hai dinosaurios... extinguirémonos tamén nós??

Anónimo dijo...

confirmado!!!
falei con Sara, e díxome: "profe es que si antes había dinosaurios y ahora no, pero hay personas... despúes qué va a haber..."?
puffff!!! que difícil pregunta, e máis aínda a resposta!!!

Anónimo dijo...

se alguén a sabe que lle conteste, por favor!!!