13 dic 2007

PINTAMOS E CREAMOS UN...

Un chirimbolo! Iso e o que imos crear. Coñecedes o xogo? Hoxe só pintamos con témpera as oveiras que trouxeramos, e tamén lles botamos brillantina, e agora están a secar.
Faltános poñerlle en cada oco un número pegado, nunha esquiniña da oveira un fío cunha bóla de porespán, e XA PODEREMOS XOGAR!!!
É un xogo de puntería, no que se trata de ir metendo a bóla nun dos ocos cun só xiro de boneca. Así, de cada vez imos anotando os puntos que facemos (como as oveiras utilizadas son dunha ducía, teremos en xogo 12 puntos. E gañará o que máis puntos consiga no mesmo número de intentos. Poderemos xogar de 2 en 2, 3 en 3... ou tod@s xuntos!!!
Iso sí, hoxe os mandilóns xa foron directos á lavadora (aínda que non era venres), porque nalgún haberá que frotalo ben, ben. Mirade como nos puxemos:

No hay comentarios: