10 dic 2007

AS EMOCIÓNS

Noutra ocasión xa vos comentamos que no cole traballamos as emocións de moitas formas. Temos un panel e cando facemos as rutinas dicimos cómo nos atopamos (tristes, contentos, asustados, enfadados... ) e por qué. A semana pasada ademais na Caixa Máxica apareceu un xogo cun panel e unhas tarxetas có que tamén xogamos a representa-las emocións, e descrubrimos que hai máis que as catro que nós sabiamos, pois podemos ser ou estar: tímidos, apenados, orguiosos, sorprendidos...
Xogamos con este xogo, e mentres cada un imitaba a cara da emoción que lle tocara (debuxo da cara que aparecía na tarxeta que collera, e que non podía ensinar a ningu´n) o resto tentábamos adiviñar qué emoción representaba.



Seguirei poñendo fotos das emocións... temos un montón!!!

No hay comentarios: