7 dic 2007

DECORACIÓN DE NADAL

Comezou decembro, e con él viñeron as típicas decoracións de Nadal que podemos ver en tódalas vilas e cidades: alumeado, escaparates brillantes, unha chea de adornos para a casa, as árbores de nadal, o Belén...
E no cole, non quixemos olvidarnos tampouco de face-la decoración, pois todos sabemos o importante que é o entorno nas nosas vidas, e máis, nestas idades. Así que, comezamos decorando unhas fichas de bolas de Nadal e de campaiñas, e son as que están decorando a nosa parte do corredor, e que logo convertemos nunha árbore. E tamén fixemos uns anxiños, a ver e vos parecen!!!

No hay comentarios: