20 dic 2007

A BÚSQUEDA DO TESOURO

Hoxe, os Pulpis, tivemos que atopar un tesouro no cole, e para iso, tivemos que ir descifrando mensaxes, unhas pistas moi raras que estaban escritas cun código secreto, que nós tiñamos que traducir en palabras do noso idioma, seguindo a lenda do código.
Cada pista, nos dicía a onde tiñamos que ir a buscar a seguinte pista, así ata que pasamos as 6 que había... e finalmente, atopamos o tesouro (que estaba agochado na biblioteca). Queredes saber cal era o tesouro?
Ó voltar do recreo fixemos un debuxo da representación do xogo, e como poderedes ver, estamos tod@s os participantes da búsqueda representados neles (ata eu).

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola,son a nai dun neno da clase das rás.Quero felicitarte polo teu traballo,tes un blog PRECIOSO.Os papás dos teus nenos, teñen que estar moi orgullosos o igual que nós estamos do noso.É unha magoa que non teñades toda a colaboración que merecedes.
Vense moi interesados buscando ese tesouro os nenos,están moi simpáticos.
Un biquiño e Felices Festas

Anónimo dijo...

Moitas grazas, e igualmente, FELICES FESTAS!!!
O certo é que sí me gustaría recibir máis comentarios no blog das familias (do que pensan, de ideas que podan ter para completar algunha actividade...) pero na miña clase só 3 teñen internet na casa, polo que, en certo senso, entendo que non haxa comentarios deles, e os que sí o teñen, fánse notar, así que, estou bastante contenta.

José Carlos dijo...

Felicitar ós pulpis polo "traballo" de Indiana Jones. Pasaron pola nosa clase ( a das ras) e tiñan cara de estalo pasando moi ben. Sempre é bo prepararse para as aventuras que hai na vida.
Felicidades tamén Bea polo traballo tan orixinal e inxenioso. Esta clase é un pozo de sorpresas. Feliz ano