6 nov 2007

XA TEMOS MASCOTAS

Xa somos 17 pulpis!! 15 nenos/as e 2 tartarugas, as nosas novas mascotas. Teremos que coidalas moito, pero non imos ter problema porque estamos moi ilusionados coa súa chegada.
Puxémoslle nome, non sabemos se son femias ou machos (porque aínda son muy pequeniñas), e os nomes escollidos por votación son: PÉTALO (a tartaruga máis pequeniña) e BRANCA.

O primeiro era metelas na tartarugueira e botarlles auga.

E... á hora de ir a comer, pensamos se elas tamén terían fame, e por si acaso nós botámoslle a comida, logo saberemos se comeron ou non.
Pois o caso é que non comen case nada, entón botámoslles moi pouquiña comida, pois se teñen moita poden morrer ("empachadas", claro). Pero, aínda que comen moi pouco teñen bos saúde e enerxia, senón, mirada como se trata dunhas tartarugas escaladoras!!!!Iso é máis que nada porque a auga estalles fría e prefiren estar sempre en terra na "súa illa".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Que lindas mascotas !!!!!

Aurora Jove dijo...

Noraboa a todos os pulpis. Dende a clase de Inglés dos maiores vos visitamos a miudo.
A kiss:*)

Anónimo dijo...

moitas grazas!!